Ángela Ruiz Robles
Ángela Ruiz Robles, nada en Villamanín (provincia de León) o 28 de marzo de 1895[1] e finada en Ferrol o 27 de outubro de 1975, foi unha mestra e inventora, precursora do libro electrónico.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 28 de marzo de 1895 Villamanín, España |
Morte | 27 de outubro de 1975 (80 anos) Ferrol, España |
Actividade | |
Ocupación | mestra, inventora |
Traxectoria
editarEstudou na Escola de Maxisterio de León (1915-1916). Foi docente e directora na Escola de Santa Lucía de Gordón (León) en 1917. Levou a xerencia[2] da Escola Nacional de nenas do Hospicio de Ferrol. Foi profesora tamén na Escola Obreira gratuíta do Instituto Ibáñez Martín (hoxe CEIP Recimil) de Ferrol. Neste último edificio figura actualmente unha placa que lle rende homenaxe, xa que traballou nel ata a súa xubilación. Á marxe da educación formal creou a súa propia academia de pasantías e preparación de oposicións: ELMACA.
Publicou varias obras sobre un sistema taquigráfico baseado no traballo do gravador valenciano Francisco Martí Mora, fundador da taquigrafía española.[3]
Era coñecedora tamén do esperanto, a lingua artificial creada por Ludwik Zamenhof en 1887.[3]
Foi nomeada xestora da Agrupación sindical de Inventores Españois (ASIE) en Galicia no ano 1959. Tamén foi xefa provincial da Federación Politécnica Científica da Inventiva Internacional en 1973[4].
A Enciclopledia Mecánica
editarDirixiu a fabricación da Enciclopedia Mecánica no Parque de Artillaría de Ferrol, (Patente ES0190698 A[5], solicitada o 7 de decembro de 1949).
A aparencia externa deste precursor do libro electrónico era a dun estoxo. As novidades tecnolóxicas máis salientables eran o sistema de bobinas automáticas polas que ían pasando os textos e imaxes dos recursos educativos e o sistema de botóns a presión. Previsiblemente nunha versión futura tería tamén luz e son.[6] Unha parte estaba destinada as tarefas de cálculo e escritura. A través dun botón a presión conectado a unha serie de abecedarios podían construírse frases, leccións ou temas. O seu carácter enciclopédico viña da área asignada ás materias, impresas nunha serie de láminas transparentes que permitían a ampliación ou redución de tamaño.[7] Contaba cun oco destinado a unha calculadora, se ben esta non se incluíu no prototipo por falta de tecnoloxía que se axeitase ao modelo nese momento.[6]
O peso total do aparello era de 50 gramos, cumprindo cun dos obxectivos da inventora, que era a redución do volume nas carteiras dos escolares[8]. Así mesmo Ángela consideraba que a súa era a enciclopedia máis económica das coñecidas daquela.
Foi esta convicción nas posibilidades de revolucionar os procesos educativos o que a levou ata o final dos seus días a loitar pola produción no seu invento en España, chegando a descartar ofertas estranxeiras[9]. Porén nunca chegou a atopar investidores para o seu invento.
Desde 2006, a Enciclopedia forma parte da Exposición do Museo Pedagóxico de Galicia (MUPEGA) en Santiago de Compostela.
No ano 2012 formou parte dos fondos da exposición inaugural do Museo Nacional de Ciencias y Tecnologías (Muncyt) na Coruña[10]
A Enciclopedia aparece no Catálogo 200 años de la promulgación de la Ley de patentes en España editado polo Ministerio de Industria en 2011, e na Cronología de la edición digital: 100 años de evolución tecnológica (2012).
Ángela Ruíz Robles morreu no ano 1975 e foi soterrada no Camposanto de San Salvador de Serantes (Ferrol).[11]
Premios e recoñecementos
editarComo inventora recibiu numerosos premios e mencións en certamens de inventiva, feiras e exposicións realizadas en Zaragoza, Xixón, Sevilla, Barcelona, Madrid, Xenebra e Bruxelas.
Conta coa cruz da Orde de Afonso X en recoñecemento á súa traxectoria profesional[12].
Nos meses de outubro a novembro de 2011 a Biblioteca de la ETSIIT da Universidade de Granada adicoulle unha exposición titulada Ángela Ruiz Robles; la precursora del e-book.[13]
Dende o ano 2013 un dos premios nacionais de informática concedidos pola Sociedad Científica Informática Española (SCIE) leva o seu nome. Está adicado ás actividades que promoven o emprendemento na área das tecnoloxías da información e comunicación.[14]
O concello de Madrid adicoulle unha rúa co seu nome.[15]
En 2018 foi proposta pola Universidade de Vigo para nomear un dos seus edificios.[16] Tamén en 2018 publicouse un libro infantil coa súa biografía, O valor das ideas: a precursora do libro electrónico. Pequena biografía de Ángela Ruiz Robles.[17]
Mbook. O libro mecánico de Ángela Ruiz Robles, é unha curtametraxe de Cristina Esteiro e Carlos A. Quirós, de Cuerda Floja Produccións, onde se conta a historia da mestra e inventora e paralelamente a dunha nena que vai á escola. Gravada no ano 2018 co apoio da Concellería de Igualdade de Ferrol para o Día da Muller, foi proxectada no prestixioso Festival de Cine de Málaga na súa edición de 2019.[18][19]
En 2019 a Universidade da Coruña deulle o seu nome á Biblioteca da Escola Politécnica Superior.[20]
En 2020 o Colexio Profesional de Enxeñaría de Informática de Galicia (CPEIG) recoñeceu a súa figura[21][22] e realizouse un mural en recoñecemento da súa figura a carón da Escola Universitaria de Deseño Industrial no Campus de Ferrol.[20]
En 2022 o Ministerio de Ciencia e Innovación publicou as bases da primeira convocatoria dos Premios Nacionales de Investigación para Jóvenes, entre eles o Premio Nacional Premio Nacional Ángela Ruiz Robles, na área de transferencia de tecnoloxía.[23]
En 2023 a revista Gciencia considerouna unha das 20 mulleres de ciencia en Galicia que había que coñecer.[24]
Obra
editar- Breve mecanografía al tacto. A Coruña: Moret. 1941.
- Compendio de Ortografía Castellana. A Coruña. 1938.
- Compendio de Ortografía Castellana. A Coruña: Moret. 1940.
- Extracto Taquigráfico Rápido. A Coruña: Moret. 1941.
- Gramática y Narraciones Históricas. A Coruña: Moret. 1941.
- Libros Mecánicos. Madrid: Burotel. 1970.
- El Mejor Regalo (2ª. ed.). Madrid: Castro. 1946.
- Ortografía. 2ª ed. Madrid: Castro, 1946
- Ortografía Amena e Instructiva. 2ª ed. Madrid: Castro, 1946
- Ortografía Castellana. A Coruña: [s.n]., 1938
- Ortografía Castellana Rápida. 2ª ed. A Coruña: [s.n.], 1940
- El Primer Atlas Gramatical Del Idioma Español. A Coruña; Ferrol: Elmaca; Covadonga, 1958
- El Primer Mapa y Atlas Lingüístico Gramatical. Madrid: Burotel,1970
- Taquigrafia Martiniana Abreviada Moderna. A Coruña: Moret, 1938
- Taquigrafía Martiniana Abreviada Moderna. 2ª ed. A Coruña: [s.n.], 1941
- Taquigrafía Aplicada a La Máquina-Máquina Taquimecanográfica. Madrid: Burotel, 1970[25]
Notas
editar- ↑ No 'dicionario de mulleres galegas' aparece como 'Ruíz', e como natural de Ferrol
- ↑ Pérez González, Carmen (2009). Ferrol: Concellería da Muller, ed. Ferrol en feminino: mulleres na historia da cidade: rutas turísticas. ISBN 978-84-9812-099-8.
- ↑ 3,0 3,1 Pintado Heredia, Raquel (25 maio 2017). "Ángela Ruiz Robles (1895-1975)". Mujeres con ciencia. Consultado o 1 abril 2018.
- ↑ PÉREZ GONZÁLEZ, Carmen (2009). Ferrol: Concellería da Muller, ed. Ferrol en feminino : mulleres na historia da cidade : rutas turísticas. ISBN 978-84-9812-099-8.
- ↑ Procedimiento Mecánico Eléctrico y a Presión de aire para la Lectura de Libros. Madrid: Oficina Española de Patentesy Marcas, ES0190698 A1, 16 de xaneiro de 1950. [consultado o 5 de novembro de 2014]
- ↑ 6,0 6,1 "Doña Angelita, a ferrolá que inventou o libro electrónico". GCiencia. 29 de xaneiro de 2014. Consultado o 12 de febreiro de 2019.
- ↑ PÉREZ DE LA FUENTE, María Teresa.Inventiva Española:Tecnología Aplicada a La Enseñanza.Ya : diario gráfico de la noche. 7 de outubro de 1970 [consultado o 5 de novembro de 2014]
- ↑ GONZÁLEZ, Paula. Cando a didáctica se fixo mecánica.Culturagalega.org, 26 de setembro de 2013 [consultado o 8 de novembro de 2014]
- ↑ RODRÍGUEZ FÓRTIZ, María Jesús e RAYA PRIDA, Rocío.Madri+d: Patrimonio - Personajes: Ángela Ruiz Robles (León, 1895- El Ferrol, 1975).Portal Madrid+d.org. Madrid: Fundación para el Conocimiento Madri+d.
- ↑ MILLÁN GARCÍA, Rosa. "La “Enciclopedia Mecánica, el libro digital o e-book del 1.949” de Ángela Ruiz Robles (1895-1975), está en el Museo Nacional de Ciencia y Tecnología de Coruña". Consultado o 8 de novembro 2014.
- ↑ "El cementerio ferrolano de Serantes: Patrimonio histórico y legado de una ciudad". Quincemil (en castelán). Consultado o 2022-02-13.
- ↑ España. Ministerio de Educación Nacional. Orden de 22 de Septiembre de 1947 por la que se concede el ingreso en la Orden Civil De Alfonso X El Sabio a Doña Angela Ruiz Robles, Boletín Oficial del Estado. 13 de agosto de 1948, p. 3911 [consultado o 5 de novembro de 2014]
- ↑ Ángela Ruiz Robles:La Precursora del e-Book: Catálogo de la Exposición Celebrada en la Biblioteca de La ETSIIT, Universidad de Granada, Octubre-Noviembre, 2011 Arquivado 25 de setembro de 2019 en Wayback Machine..Granada:Universidade de Granada
- ↑ Sociedad Científica Informática de España. "Premios Nacionales de Informática". Arquivado dende o orixinal o 08 de novembro de 2014. Consultado o 8 de novembro de 2014. Arquivado 08 de novembro de 2014 en Wayback Machine.
- ↑ The Guardian dedica unha reportaxe a Doña Angelita e o seu libro electrónico gciencia.com
- ↑ "Os edificios administrativos do campus terán nome de muller". DUVI. 5 de outubro de 2018. Consultado o 10 de outubro de 2018.
- ↑ Marcus Fernández (29 de novembro de 2018). "Un libro infantil sobre «a precursora do libro electrónico» estará presente no Culturgal". Código Cero. Consultado o 30 de novembro de 2018.
- ↑ "Ángela Ruiz y su libro mecánico recalarán en el Festival de Málaga". La Voz de Galicia (en castelán). 2019-03-18. Consultado o 2019-04-14.
- ↑ "Pisando alfombra roja". La Voz de Galicia (en castelán). 2019-03-26. Consultado o 2019-04-14.
- ↑ 20,0 20,1 Pena, Sonia. "Ángela Ruíz Robles, a precursora do ebook, xa ten mural de seu no Campus de Ferrol". Código Cero - Diario Tecnolóxico de Galicia. Consultado o 2020-10-26.
- ↑ Sarasketa, Fernando. "O CPEIG homenaxea este martes a Ángela Ruiz Robles, a inventora da Enciclopedia Mecánica". Código Cero - Diario Tecnolóxico de Galicia. Consultado o 3 de marzo de 2020.
- ↑ Sarasketa, Fernando (3 de marzo de 2020). "Ángela Ruiz Robles, a precursora do libro electrónico, homenaxeada polo CEIPG". Código Cero - Diario Tecnolóxico de Galicia. Consultado o 4 de marzo de 2020.
- ↑ "Ángeles Alvariño y Ángela Ruiz Robles darán nombre a dos premios nacionales de investigación". Enfoques (en castelán). 2022-05-27. Consultado o 2022-05-29.
- ↑ García, Victoria (2019-03-07). "Vinte mulleres de ciencia en Galicia que tes que coñecer". GCiencia. Consultado o 2023-02-11.
- ↑ Biblioteca Nacional (España). Catálogo Automatizado da Biblioteca Nacional [en liña]. Madrid: BNE. [Consultado o 4 de novembro de 2014]
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Ángela Ruíz Robles y la invención del libro mecánico.(2011) Madrid:Ministerio de Economía y Competitividad; Ministerio de Educación, Cultura y Deporte, 2013. ISBN 978-84-92546-02-2
- Pintado Heredia, Raquel (25 maio 2017). "Ángela Ruiz Robles (1895-1975)". -mujeres con ciencia. Consultado o 1 abril 2018.
- Rodríguez Fórtiz, María Jesús; Raya Prida, Rocío. "Ángela Ruiz Robles (1895-1975)". madrimasd.org. Consultado o 1 abril 2018.
- Rojas Romero, Elena. El Libro Mecánico, precursor del Libro digital, nació en 1949 y su inventora fue una maestra de El Ferrol. Marchamos: Revista de comunicación interna de la oficina española de patentes y marcas Arquivado 24 de setembro de 2015 en Wayback Machine.. 2010, 39, pp. 20–23 [consultado o 5 de novembro de 2014].
- Sáiz González,, J.P. (2011). Oficina Española de Patentes y Marcas, ed. 200 años de Patentes (PDF). NIPO 703-11-012-0. Consultado o 3 de novembro de 2014.
- Rodríguez Rodríguez, Anaír. Pioneiras 2. Galegas que abriron camiño (1ª edición: febreiro de 2019 ed.). Vigo. ISBN 978-84-9121-464-9. OCLC 1135271442
Ligazóns externas
editar- Abecedario das mulleres na Informátical
- Ángela Ruiz Robles, la enciclopedia mecánica.Programa Con ciencia. Madrid: RTVE, 12 de novembro de 2013
- Mujeres con historia. Ángela Ruiz Robles. En: La rosa de los vientos [podcast] Onda Cero.
- Telediario. 1ª. edición. Madrid: RTVE, 1 de maio de 2013 [min: 31:55 - 33:43]
- Ángela Ruiz Robles, el eslabón perdido de la historia del «e-book»
- Abad, Mar. Yorokobu, ed. "Ángela Ruíz Robles: la española que vislumbró la era digital en los años 40". Consultado o 29 de marzo de 2016.
- Valle Regueiro, Luis. Consello da Cultura Galega, Comisión de Igualdade, ed. "Ángela Ruíz Robles". Consultado o 8 de novembro de 2014.
- "Ángela Ruiz Robles". Álbum da Ciencia do Consello da Cultura Galega.
- Google doodle (ed.). "121.º aniversario del nacimiento de Ángela Ruiz Robles". Consultado o 28 de marzo 2016.
- "Doña Angelita, a ferrolá que inventou o libro electrónico". GCiencia. 29 de xaneiro de 2014. Consultado o 12 de febreiro de 2019.