Ángela Auad

activista arxentina

Ángela Auad, nada en Jujuy o 29 de febreiro de 1945 e finada o 17 ou 18 de decembro de 1977, foi unha activista social arxentina que actuaba coa asociación das Nais de Praza de Maio, dedicada a buscar aos "desaparecidos" durante a guerra sucia na Arxentina, motivo polo cal foi secuestrada, torturada e asasinada.

Ángela Auad
Nacemento19 de febreiro de 1945
Lugar de nacementoSan Salvador de Jujuy
Falecemento17 de decembro de 1977
NacionalidadeArxentina
Ocupaciónactivista
CónxuxeRoberto
editar datos en Wikidata ]

A súa vida editar

Ángela Auad, fora arrestada cando era estudante universitaria en Tucumán, sendo liberada a mediados de 1975.

En 1976 o seu esposo Roberto estaba preso no Chaco. Por ese motivo Ángela entrou en contacto cos Familiares de Desaparecidos y Detenidos por Razones Políticas e as Nais de Praza de Maio.

Desaparición, secuestro, tortura e asasinato editar

Entre o xoves 8 de decembro e o sábado 10 de decembro de 1977 un grupo de militares baixo o mando de Alfredo Astiz secuestrou a un grupo de 12 persoas vinculadas á Nais de Praza de Maio[1]. Entre elas se atopaba Ángela Auad, xunto coas nais fundadoras de Nais de Praza de Maio Azucena Villaflor, Esther Ballestrino e María Ponce, e as monxas francesas Alice Domon e Léonie Duquet.

Ángela foi secuestrada o 8 de decembro coa maior parte do grupo na Igrexa da Santa Cruz situada no barrio de San Cristóbal da cidade de Buenos Aires, onde adoitaban reunirse.

Foi levada directamente ao centro clandestino de detención situado na Escuela de Mecánica de la Armada (ESMA), baixo o control da Mariña Arxentina, onde foi recluída no sector denominado Capucha. Alí permaneceu aproximadamente 10 días, lapso durante o cal foi constantemente torturada. No Informe Nunca Más as testemuñas Maggio e Cubas, sobreviventes da ESMA, relataron o que sabían sobre a súa sorte:

...Lo mismo sucedió con las religiosas francesas Alice Domon y Leonie Renée Duquet. Tuve oportunidad personal de hablar con la hermana Alice, ya que fue llevada junto con la hermana Renée al tercer piso del Casino de Oficiales de la ESMA, lugar donde me encontraba cautivo. Esto ocurre alrededor del 11 ó 12 de diciembre. Es cuando me cuenta que había sido secuestrada en una iglesia, conjuntamente con familiares de desaparecidos. Luego supe que eran 13 personas... Luego fueron «trasladadas» junto con las once personas restantes. Los rumores internos fundamentados por el apresuramiento con que se sacó de allí a estas personas, indicaban el asesinato de las mismas. (Testemuño de Horacio Domingo Maggio, Cartapacio N° 4450).

Probabelmente o día 17 ou 18 de decembro de 1977, Ángela e o resto do grupo, foron trasladadas ao aeroporto militar que se atopa no extremo sur do Aeroparque da cidade de Buenos Aires, subidos sedadas a un avión da Mariña e lanzadas vivas ao mar fronte á costa de Santa Teresita, morrendo ao chocar contra a auga.

Identificación do seu corpo e enterro editar

O 20 de decembro de 1977 comezaron a aparecer cadáveres provenientes do mar nas praias da provincia de Buenos Aires á altura dos balnearios de Santa Teresita e Mar do Tuyú. Os médicos policiais que examinaron os corpos nesa oportunidade rexistraron que a causa da morte fora el choque contra objetos duros desde gran altura, como indicaban o tipo de fracturas óseas constatadas, sucedidas antes da morte [2]. Sen realizar máis investigacións as autoridades locais dispuxeron de inmediato que os corpos fosen enterrados como NN no cemiterio da próxima cidade de General Lavalle.

En 1984 no marco da investigación da CONADEP e do Xuízo ás Xuntas realizáronse escavacións no cemiterio de General Lavalle, atopándose unha gran cantidade de restos óseos provenientes dos cadáveres achados nas praias de San Bernardo e Lucila del Mar. Estes restos foron utilizados no xuízo ás Xuntas e gardados logo en 16 bolsas.

A partir de entón o xuíz Horacio Cattani empezou a acumular causas sobre desaparecidos. A pesar das leis de Punto Final e Obediencia Debida, que paralizaron as investigacións, Cattani logrou armar en 1995 un arquivo de 40 metros cadrados onde aloxar todas esas probas.

En 2003 o intendente de General Lavalle informou que se localizaran novas tumbas de NN no cemiterio da cidade. O xuíz Cattani ordenou entón realizar novas escavacións co Equipo Arxentino de Antropoloxía Forense (EAAF), descubríndose dúas liñas de tumbas, unha por encima da outra. Descubríronse así 8 esqueletos, 5 correspondentes a mulleres, 2 correspondentes a homes e un, clasificado como GL-17, que se definiu como probabelmente masculino.

Cattani mandou os ósos ao laboratorio de Inmunoxenética e Diagnóstico Molecular (LIDMO) de Córdoba, pertencente ao EAAF. Os resultados do laboratorio foron determinando que os restos pertencían ao grupo de secuestrados entre os días 8 e 10 de decembro de 1977. O 15 de setembro de 2005 o xuíz Cattani recibiu o informe establecendo que un dos restos individualizados pertencían a Ángela Auad[3].

O día 25 de setembro de 2005, 28 anos logo de ser asasinada, Ángela Auad foi enterrada no xardín da Igrexa de Santa Cruz, en Buenos Aires, xunto á Irmá Léonie Duquet, unha das monxas francesas secuestradas con ela. Anteriormente tamén foron sepultadas alí as nais de Praza de Maio Esther Ballestrino e María Ponce[4]. As cinzas de Azucena Villaflor foron esparexidas na Praza de Maio[5].

Coñecemento e encubrimento por parte do Goberno dos Estados Unidos editar

Documentos segredos do goberno dos Estados Unidos desclasificados en 2002 proban que o goberno norteamericano sabía desde 1978 que os corpos sen vida das monxas francesas Alice Domon e Léonie Duquet e as nais de Praza de Maio Azucena Villaflor, Esther Ballestrino e María Ponce, foran atopadas nas praias bonaerenses. Esta información foi mantida en segredo e nunca foi comunicada ao goberno arxentino.

O dato está incluído no Documento Nº 1978-BOS-02346 dirixido polo entón Embaixador dos Estados Unidos na Arxentina, Raúl Castro, ao Secretario de Estado dos Estados Unidos, leva data do 30 de marzo de 1978 e menciona como obxecto Informe sobre monjas muertas. Textualmente o documento di:

1. A.F.P. Marzo 28 Historia recopilada en Paris informa que los cuerpos de dos monjas francesas (Alicia Doman y Renee Duguet) que fueron secuestradas a mediados de diciembre con otros once activistas de derechos humanos fueron identificados entre los cuerpos cerca de Bahía Blanca. 2. Buenos Aires estaba llena de ciertos rumores desde hace un mes sobre constancias del descubrimiento de un número de cadáveres llevados a la playa por vientos inusualmente fuertes a lo largo del mar atlántico en puntos cercanos a la boca del Río de la Plata unas 300-350 millas al norte de Bahía Blanca (Ver Buenos Aires 1919 para control) 3. (Sección en borrada) que estuvo tratando de rastrear estos rumores tiene información confidencial de que las monjas fueron secuestradas por agentes de seguridad argentinos y en algún momento fueron transferidas a la localidad de Junín que se encuentra cerca de 150 millas al oeste de Buenos Aires. 4. La Embajada también tiene información confidencial obtenida a través de una fuente (protegida) del gobierno argentino de que siete cuerpos fueron descubiertos hace algunas semanas en la playa atlántica cerca de Mar del Plata. De acuerdo a esta fuente, los cuerpos eran los de las dos monjas y cinco madres que desaparecieron entre el 8 y el 10 de diciembre de 1977. Nuestra fuente confirma que estos individuos fueron secuestrados por miembros de las fuerzas de seguridad actuando bajo su amplio mandato contra terroristas y subversivos. La fuente además declaró que pocos individuos en el GOA estaban al tanto de esta información. 5. Esta fuente ha informado verazmente en el pasado y tenemos razones para creer que tiene conocimiento sobre questiones de desapariciones. La Embajada solicita que su informe sea protegido para evitar comprometer una fuente que ha probado ser útil en proveer información concerniente a individuos perdidos o desaparecidos. CASTRO [6]

Notas editar

  1. O grupo completo secuestrado estaba integrado por Azucena Villaflor de Vicenti, Esther Ballestrino de Careaga, María Ponce de Bianco (as tres fundadoras de Nais de Praza de Maio), as monxas Alice Domon e Léonie Duquet, e os activistas de dereitos humanos Ángela Auad, Remo Berardo, Horacio Elbert, José Julio Fondevilla, Eduardo Gabriel Horane, Raquel Bulit e Patricia Oviedo.
  2. "Por primera vez hallan cuerpos de los vuelos de la muerte, Río Negro, 9 de xullo de 2005". Arquivado dende o orixinal o 13 de decembro de 2007. Consultado o 29 de novembro de 2007.  Arquivado 13 de decembro de 2007 en Wayback Machine.
  3. "Inhuman hoy los restos de la monja francesa, Clarín, 25 de setembro de 2005". Arquivado dende o orixinal o 07 de agosto de 2007. Consultado o 29 de novembro de 2007. 
  4. "En emotiva ceremonia, sepultan a dos fundadoras de Madres de Plaza de Mayo, La Jornada, UNAM, 25 de xullo de 2005". Arquivado dende o orixinal o 29 de setembro de 2006. Consultado o 29 de novembro de 2007. 
  5. "Inhumaron los restos de la monja francesa Léonie Duquet, Clarín, 25 de setembro de 2005". Arquivado dende o orixinal o 14 de outubro de 2008. Consultado o 29 de novembro de 2007. 
  6. Documento Segredo da Embaixada de EEUU na Arxentina, Nº 1978-BUENOS-02346, 30 de marzo de 1978, Informe sobre monjas muertas, orixinal en inglés

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar