Ángel Santos

director de cine galego


Ángel Santos Touza, nado en Marín o 14 de novembro de 1976, é un cineasta galego.

Infotaula de personaÁngel Santos

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento14 de novembro de 1976 Editar o valor em Wikidata (47 anos)
Marín, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióncineasta , director de cinema Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

IMDB: nm2187677 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Tras licenciarse en Historia da Arte pola Universidade de Santiago de Compostela, no ano 2000 marchou a Barcelona para realizar un curso de guión, comezando a traballar en curtametraxes do Centre d’Estudis Cinematogràfics de Catalunya en distintos apartados técnicos (produción, son, realización, guión...). Nese centro obtivo no ano 2003 a diplomatura en Dirección Cinematográfica.

Colaborou como redactor na revista dixital Miradas de Cine. Impartiu cursos de cine dentro do proxecto Cinema en Curso (A bao a qu).

En 2023 conseguiu un histórico triunfo no Festival de Cans, gañando catro dos principais galardóns pola súa curtametraxe Alicia fai cousas (Mellor Curtametraxe de Ficción, Mellor Dirección, Mellor Guión e Mellor Protagonista Feminina).[1]

Filmografía editar

Como director editar

  • A. (curtametraxe, 2002)
  • Septiembre (Los amores jóvenes) (curtametraxe, 2004)
  • O cazador (curtametraxe, 2008)
  • Sara y Juan (Los amores jóvenes) (curtametraxe, 2009)
  • Dous fragmentos / Eva (2010)
  • Pantasmas 1 (curtametraxe, 2010)
  • Adolescentes (2012)
  • Pantasmas 2 (curtametraxe, 2012)
  • Las altas presiones (2014)
  • M. (curtametraxe, 2017)
  • Así vendrá la noche (curtametraxe, 2021)
  • Alicia fai cousas (curtametraxe, 2023)

Notas editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar