Anxo Pérez Fernández

profesor galego
(Redirección desde «Ángel Pérez Fernández»)

Ángel Celestino Pérez Fernández[1], nado en Vigo o 28 de maio de 1955, é un profesor xubilado de Filosofía, especialista en Baruch de Spinoza, sobre cuxa vida e obra publicou diversos textos[2].

Infotaula de personaAnxo Pérez Fernández
Biografía
Nacemento1955 Editar o valor em Wikidata (68/69 anos)
Vigo, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónprofesor de ensino secundario , escritor Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Colabora habitualmente con artigos de opinión no xornal A Peneira e en revistas como Tempos Novos.

Tamén contribuíu na redacción de libros colectivos destinados ao ensino como A composición filosófica. Probas de Selectividade (Xerais, 2011)[3].

Foi así mesmo membro do grupo ENXERGO, consagrado á Didáctica da Filosofía[4].

Notas editar

  1. Conferencia de Ángel Pérez sobre Karl Marx na Ramallosa, Valminor.tv.
  2. "Spinoza e Vygotski: o dominio da propia conduta" (pp. 259-266), Espinosa: Ética e Política, ed. Jesús Blanco Echauri (USC, 1997).
  3. Ficha da obra Arquivado 22 de decembro de 2021 en Wayback Machine., Xerais.gal.
  4. O Consello da Cultura Galega retoma o ciclo Pensarmos, El Correo Gallego, 15 de xaneiro de 2020.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar