Ángel Lázaro

escritor e xornalista galego
(Redirección desde «Ángel Lázaro Machado»)

Ángel Lázaro Machado, nado en Velle (Ourense) o 27 de xaneiro de 1900 e finado en Madrid o 22 de febreiro de 1985, foi un escritor e xornalista galego.

Ángel Lázaro
Nacemento27 de xaneiro de 1900
Lugar de nacementoVelle
Falecemento22 de febreiro de 1985
Lugar de falecementoMadrid
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónxornalista e escritor
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Emigrou a Cuba aos trece anos. Comezou a colaborar en El Comercio e noutras publicacións da Habana. En 1919 escribiu en El Nacionalista co pseudónimo de Olán Clarín. Publicou poemas en Diario de la Marina, Galicia, Eco de Galicia, Chic e Diario Español. En 1923 estableceuse en Madrid obtendo éxito como dramaturgo, onde foi redactor de La Libertad e escribiu artigos para Blanco y Negro. Coa Guerra Civil marchou de novo a Cuba. Colaborou no diario Pueblo e foi director da antifranquista Revista de España. Pasou unha tempada en México como crítico teatral e xornalista. Despois escribiu en Cuba o programa de radio Páginas de España (1947) con Manuel Millares Vázquez. Co triunfo da Revolución cubana regresou a Madrid onde morreu en 1985.

Obras editar

Poesía editar

  • El remanso gris, 1920.
  • Confesión, 1927.
  • Antología poética, 1940.
  • Canción de Martí, 1953.

Teatro editar

  • El circo de la verbena, 1933.
  • La casada sin marido, 1936.

Ensaio editar

  • Biografía de Jacinto Benavente, 1930.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar