Ángel Padín

xornalista e escritor galego
(Redirección desde «Ángel José María Padín Panizo»)

Ángel José María Padín Panizo, nado na Coruña o 11 de novembro de 1930 e finado na mesma cidade o 1 de abril de 2014, foi un xornalista e escritor galego.

Ángel Padín Panizo
Nacemento11 de novembro de 1930
Lugar de nacementoA Coruña
Falecemento1 de abril de 2014
Lugar de falecementoA Coruña
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónxornalista
CónxuxeOlga Viaño
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Nos anos cincoenta Padín estudou xornalismo en Madrid, antes de que se crease a licenciatura correspondente. Posteriormente licenciouse e doutorouse en Ciencias da Información pola Universidade Complutense de Madrid. Como xornalista traballou sobre todo en La Voz de Galicia, en diferentes etapas da súa vida, en El Correo Gallego, ABC e en El Ideal Gallego, que dirixiu entre 1985 e 1988. Tamén foi xefe de prensa da Universidade da Coruña, durante o tempo en que José Luis Meilán Gil foi o reitor, así como presidente da Asociación da Prensa da Coruña, unha agrupación de xornalistas de ámbito local.

A súa especialización foi a arte. Académico da Academia Galega de Belas Artes, enfocou a súa erudición especialmente á época en que Pablo Ruiz Picasso viviu na Coruña.

Obra editar

Galardóns editar

Vida persoal editar

Estivo casado coa xornalista e directora de El Ideal Gallego, Olga Viaño[1].

Notas editar