¡Tré!

álbum de Green Day

¡Tré! (estilizado como ¡TRÉ!) é o décimo primeiro álbum de estudio da banda estadounidense de punk rock Green Day, publicado o 7 de decembro de 2012 en Australia, o 10 no Reino Unido e o 11 nos Estados Unidos a través do selo Reprise Records. É o terceiro disco da triloxía ¡Uno! ¡Dos! ¡Tré!, unha serie de álbums de estudio editados entre setembro e decembro de 2012. Green Day comezou a gravar material para o traballo o 14 de febreiro dese ano e rematou o 26 de xuño. ¡Tré! continúa ao disco de estilo power pop ¡Uno!,[1] e ao de garage rock ¡Dos![2] O título do álbum é un recoñecemento ao batería da banda Tré Cool, que cumpríu 40 anos dous días despois do lanzamento do disco. Cool tamén aparece na portada do traballo. O álbum foi producido polo produtor habitual de Green Day, Rob Cavallo.

¡Tré!
Álbum de Green Day
Publicado7 de decembro de 2012
Gravaciónfebreiro - xuño de 2012
Estudio(s)Jingletown Studios, Oakland
Duración46:35
Xénero(s)pop punk, rock alternativo, power pop
Selo(s)Reprise Records
Producido porRob Cavallo, Green Day
Cronoloxía
¡Dos!
(2012)
¡Tré! Demolicious
(2014)

Listaxe de cancións editar

Todas as letras escritas por Billie Joe Armstrong, toda a música composta por Green Day, agás "Brutal Love", composta por Green Day e Sam Cooke.

N.º Título Duración
1. "Brutal Love"   4:54
2. "Missing You"   3:43
3. "8th Avenue Serenade"   2:36
4. "Drama Queen"   3:07
5. "X-Kid"   3:41
6. "Sex, Drugs & Violence"   3:31
7. "A Little Boy Named Train"   3:37
8. "Amanda"   2:28
9. "Walk Away"   3:45
10. "Dirty Rotten Bastards"   6:26
11. "99 Revolutions"   3:49
12. "The Forgotten"   4:58

Notas editar

  1. Fricke, David; Fricke, David (2012-06-20). "Q&A: Billie Joe Armstrong on Green Day's Album Trilogy". Rolling Stone (en inglés). Consultado o 2020-02-11. 
  2. "Interview: Billie Joe & Mike Dirnt". Guitar Center. Arquivado dende o orixinal o 24 de abril de 2016. Consultado o 2020-02-11.  Arquivado 24 de abril de 2016 en Wayback Machine.