Zygmunt Bauman
Zygmunt Bauman, nado en Poznań o 19 de novembro de 1925 e finado en Leeds o 9 de xaneiro de 2017, foi un sociólogo, filósofo e ensaísta polaco de orixe xudía. A súa obra, que comezou na década de 1950, ocúpase, entre outras cousas, de cuestións como as clases sociais, o socialismo, o holocausto, a hermenéutica, a modernidade e a posmodernidade, o consumismo, a globalización e a nova pobreza. Desenvolveu o concepto da «modernidade líquida» e acuñou o termo correspondente.[1] Xunto co tamén sociólogo Alain Touraine, Bauman recibiu o Premio Príncipe de Asturias de Comunicación e Humanidades en 2010.[2]
Traxectoria editar
Naceu no seo dunha familia humilde. Na súa fuxida do nazismo trasladouse á Unión Soviética e posteriormente regresou a Polonia, onde militou no Partido Comunista.[3] Foi mestre de filosofía e socioloxía na Universidade de Varsovia antes de verse obrigado a marchar de Polonia en 1968 por mor da política antisemita desenvolvida polo goberno comunista despois dos sucesos de marzo de 1968. Após a súa marcha da universidade desa cidade, ensinou socioloxía en países como Israel, os Estados Unidos e o Canadá. Dende 1971 residía en Inglaterra. Foi mestre na Universidade de Leeds, da que foi profesor emérito dende 1990.
Recoñecementos editar
Notas editar
- ↑ 'Sociedad líquida' El Diario Vasco, consultado o 11 de outubro de 2011
- ↑ 2,0 2,1 Los sociólogos Touraine y Bauman ganan el Príncipe de Asturias de Comunicación, 20 minutos, 27 de maio de 2010, consultado o mesmo día.
- ↑ Clarín.com : Zygmunt Bauman: "Sí, fui un espía del comunismo" Arquivado 04 de marzo de 2016 en Wayback Machine.
Véxase tamén editar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Zygmunt Bauman |