Zotto de Benevento

Duque de Benevento

Zotto (tamén Zottón ou Zottone) foi o xefe militar (latín dux) dos longobardos no Mezzogiorno. É considerado como o fundador do Ducado de Benevento en 571 e o seu primeiro duque.

Infotaula de personaZotto de Benevento
Biografía
Nacementoséculo VI Editar o valor em Wikidata
Morte591 Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónoficial Editar o valor em Wikidata
Outro
TítuloDuke of Benevento (en) Traducir (571–591) Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Coas súas tropas penetrou en Campania en agosto de 570, enfrontándose ao exército bizantino, ao que venceu. Estableceu o seu campamento en Benevento, que se converteu na capital do seu ducado. Intentou tomar Nápoles, pero non deu e tivo que levantar o cerco (581).

Como duque era case independente, ao estar o norte da península baixo o control do rei longobardo, que tiña pouca influencia no sur. Ao final someteuse á autoridade real en 589.

Morreu en 591 e sucedeuno Arechis, o seu sobriño.

Ducado de Benevento

Segue a:
-
Zotto de Benevento
Precede a:
Arechis I de Benevento