Zaporozhia (en ucraíno: Запоріжжя Zaporozhzhia; en polaco: Zaporoże ou Dzikie Pola (Terras salvaxes ou Estepas salvaxes); en ruso: Запорожье Zaporozhie) é unha rexión histórica da Europa Oriental situada ao redor do río Dniéper, despois dos rápidos deste río (porogi, porozha) de onde deriva o nome, na actual Ucraína.

A rexión histórica de Zaporozhia dentro dos actuais límites de Ucraína.

Dos rápidos deriva o nome, traducido como "territorio despois dos rápidos".

Durante os séculos XVI e XVII foi un territorio cosaco semiindependente, con centro na Sich de Zaporozhia.

Na actualidade o seu territorio comprende á óblast de Dnipropetrovsk, a maior parte da óblast de Zaporizhia e da de Kirovogrado, así como algunhas partes das óblast e Khersón e de Donetsk, en Ucraína.

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar