Yusuf Sağ, nado en 1935 en İdil (Şırnak, Turquía) é un eclesiástico católico siríaco, exarca patriarcal de Turquía entre 1991 e 2017.

Infotaula de personaYusuf Sağ
Biografía
Nacemento1935 Editar o valor em Wikidata (88/89 anos)
İdil, Turquía (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeTurquía Editar o valor em Wikidata
RelixiónIgrexa católica e Igrexa católica siríaca Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónsacerdote católico (1964–) Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua turca Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Naceu en 1935 en İdil, na provincia de Şırnak (Turquía).[1] Logo da escola primaria, estudou Filosofía e Teoloxía en Beirut, foi ordenado sacerdote o 14 de febreiro de 1964, e posteriormente pasou a exercer o seu ministerio pastoral na provincia de Mardin.[1] En 1985 foi nomeado vigairo patriarcal, e posteriormente, en 1991, foi designado exarca patriarcal en Turquía.[1]

Retirouse ao superar amplamente o límite de idade, sendo sucedido por Orhan Çanlı o 1 de xullo de 2017.[2]

Obra editar

  • Tanrı'Ya Adanmış Bir Yaşam [Unha vida dedicada a Deus] (en turco). Istambul: İstanbul Süryani Katolik Kilisesi Vakfı. 2008. 
  • Diyaloğun meyveleri [Os froitos do diálogo] (en turco). Istambul: Ufuk. 2013. 

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 Türkdoğan, Orhan (1997). Etnik sosyoloji: Türk etnik sosyolojisi (en turco). Timaş Yayınları. p. 206. ISBN 9789753622387. 
  2. "غبطة أبينا البطريرك يعيّن الأب أورهان شانلي نائباً بطريركياً للسريان الكاثوليك في تركيا" [Súa Beatitude Noso Pai o Patriarca nomea ao pai Orhan Çanlı exarca patriarcal para os católicos siríacos de Turquía] (en árabe). 15 de xuño de 2017. Consultado o 5/12/2020. عيّن غبطة أبينا البطريرك مار اغناطيوس يوسف الثالث يونان بطريرك السريان الكاثوليك الأنطاكي، الأب أورهان شانلي نائباً بطريركياً جديداً للكنيسة السريانية الكاثوليكية في تركيا، اعتباراً من الأوّل من شهر تمّوز 2017، وذلك بعد أن قَبِلَ غبطته استقالة حضرة الخوراسقف يوسف صاغ من مهام النائب البطريركي في تركيا بسبب تجاوزه السنّ القانونية [Súa Beatitude, o patriarca Mar Ignacio Xosé III Yunan, patriarca da Igrexa católica siríaca de Antioquía, nomeou ao pai Orhan Çanlı como novo exarca patriarcal para a Igrexa católica siríaca en Turquía, a partir do 1 de xullo de 2017, logo de aceptar o patriarca a renuncia do corobispo Yusuf Sağ dos deberes de exarca patriarcal por superar a idade legal].