Yusif Muhsin Bixara

arcebispo maronita

Yusif Muhsin Bixara[1] (en árabe: يوسف محسن بشارة), nado en Arbi-Qushaya o 19 de marzo de 1935 e finado o 9 de xuño de 2020, foi un eclesiástico católico maronita, arcebispo de Chipre entre 1986 e 1988, e arcebispo de Antilias entre 1988 e 2012.

Infotaula de personaYusif Muhsin Bixara
Nome orixinal(ar) يوسف محسن بشارة Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento19 de marzo de 1935 Editar o valor em Wikidata
Morte9 de xuño de 2020 Editar o valor em Wikidata (85 anos)
Arcebispo católico
11 de xuño de 1988 – 16 de xuño de 2012
Arcebispo católico
4 de abril de 1986 –
← Elie Farah (en) TraducirBoutros Gemayel (en) Traducir →
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
RelixiónIgrexa católica e Igrexa católica maronita Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónbispo católico (1986–), sacerdote católico (1963–) Editar o valor em Wikidata
ConsagraciónNasrala Pedro Sufair Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Naceu o 19 de marzo de 1935 en Arbi-Qushaya, entón parte do Gran Líbano.[2] O 19 de abril de 1963 foi ordenado sacerdote.[2]

O 4 de abril de 1986 foi nomeado arcebispo de Chipre.[2] Foi ordenado bispo o 18 de maio seguinte, polo patriarca Nasrala Pedro Sufair, e tivo como co-ordenantes ao bispo de Xunia Xukrala Harb e ao bispo curial Rulan Abu Xauda.[2]

O 11 de xuño de 1988 foi nomeado arcebispo de Antilias.[2] Permaneceu no cargo até que se retirou o 16 de xuño de 2012. Finou o 9 de xuño de 2020.

Notas editar

  1. Tamén Youssef Mohsen Béchara.
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 Annuario pontificio (en italiano). Libreria Editrice Vaticana. 2007. p. 109. ISBN 9788820979089. Antélias dei Maroniti [...] Youssef Béchara, n. in Arbet-Kozhaya, arciep. di Tripoli del Libano dei Maroniti, 19 mar. 1935; ord. 19 apr. 1963; el. a Cipro dei Maroniti 4 apr. 1986; cons. 18 magg. 1986; tr. 11 giu. 1988.