Yunclillos
Yunclillos é unha poboación española da provincia de Toledo en Castela-A Mancha. Linda coas poboacións de Recas, Villaluenga de la Sagra, Cabañas de la Sagra, Olías del Rey e Bargas, todas de Toledo.
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | España | ||||
Comunidade autónoma | Castela-A Mancha | ||||
Provincia | provincia de Toledo | ||||
Capital | Yunclillos (en) | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 820 (2023) (26,45 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 31 km² | ||||
Altitude | 517 m | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Organización política | |||||
• Alcaldesa | María Jesús Delia Redondo Bermejo (en) | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 45591 | ||||
Fuso horario | |||||
Código INE | 45204 | ||||
Toponimia editar
"Yunclillos" podería ser un diminutivo de Yuncos, mais en documentos mozárabes de 1161 aparece co nome de "Onclelos" e "Oclelos". Segundo estes nomes, Yunclillos podería ser un diminutivo de fonte.
Xeografía editar
Sitúase xeograficamente na parte máis occidental da comarca da Sagra, comarca esta limitada por este flanco polo río Guadarrama e polo Texo.
Yunclillos está preto da cidade de Toledo, a unha distancia de 21 km en dirección sur. Polo norte, Madrid fica a uns 60 km aproximadamente.
Demografía editar
Evolución da poboación de Yunclillos desde 1900.
Monumentos de interese editar
A destacar a igrexa parroquial de San Andrés.
Festas editar
- Semana cultural da muller. Comezan o 16 de maio.
- 16 ao 18 de xullo. Festas da Virxe do Carme.
- Segundo ou terceiro domingo de setembro. Festas da Virxe da Saúde.
- 30 de novembro. San Andrés.