Yoshimi P-We

música xaponesa

Yoshimi P-We (nada como Yokota Yoshimi o 18 de febreiro de 1968) é unha músico xaponesa coñecida polo seu rol como o batería que tocou durante máis tempo na banda de rock xaponesa Boredoms.[1]

Infotaula de personaYoshimi P-We

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento18 de febreiro de 1968 Editar o valor em Wikidata (56 anos)
Okayama, Xapón Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeXapón Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmúsica , cantante , batería , trompetista Editar o valor em Wikidata
Membro de
Xénero artísticoMúsica noise Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua xaponesa Editar o valor em Wikidata
InstrumentoVoz Editar o valor em Wikidata

Instagram: emeraldragonfly Bandcamp: shochy Last fm: Yoshimi+P-We Musicbrainz: fa119f2e-f1a1-4f3a-bd12-900d43ba7ce3 Discogs: 187086 Allmusic: mn0000962908 Editar o valor em Wikidata

Ademais das súas habilidades coa batería con Boredoms, tamén se encarga das voces en OOIOO, e tamén toca a trompeta, a guitarra e os teclados.

Nada en Okayama, Xapón, Yoshimi uniuse á súa primeiro banda, U.F.O. or Die, no ano 1986. Dende 1997 lidera a banda de mulleres OOIOO e continúa contribuíndo na presente encarnación de Boredoms.

Yoshimi traballou nun gran número de proxectos, destacando unha banda de raga chamada Saicobab, un proxecto de ambient chamado Yoshimi and Yuka, the tribal-drum-influenced OLAibi, e o supergrupo indie Free Kitten. Yoshimi aparece como músico de sesión e vocalista no álbum de 2002 de The Flaming Lips Yoshimi Battles the Pink Robots. Yoshimi participou como batería un (no concerto participaron 74 baterías) na actuación de Boredoms recollida no álbum ao vivo 77 Boadrum, que tivo lugar o día 7 de xullo de 2007, no Empire-Fulton Ferry State Park en Brooklyn, Nova York.[2]

Notas editar

  1. "Yoshimi". Discogs (en inglés). Consultado o 2019-12-20. 
  2. "Boredoms - 77 Boa Drum". Discogs (en inglés). Consultado o 2019-12-20.