Yoshiki Tonogai

artista manga xaponés

Yoshiki Tonogai (外海 良基 Tonogai Yoshiki?), nado o 14 de marzo de 1950 na prefectura de Shiga, é un debuxante xaponés de manga. É coñecido por ser o ilustrador dunha das adaptacións manga de Higurashi When They Cry: Himatsubushi-hen, ou Time Killing Arc. Tamén é o artista e escritor de Doubt,[1] que foi completado en febreiro de 2009. Continuou a serie Doubt con dúas secuelas, Judge e Secret, todo conectado pola aparición recorrente da emblemática máscara de coello de Doubt. Doubt publicouse nos Estados Unidos a través de Yen Press en 2 volumes en abril e xullo de 2013, e a serie completa de seis volumes de Judge e a de tres volumes de Secret tamén foron publicadas pola mesma editorial. As súas obras foron publicadas tamén en varios países de Europa.

Infotaula de personaYoshiki Tonogai
Nome orixinal(ja) 外海良基 Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento14 de marzo de 1950 Editar o valor em Wikidata (74 anos)
Prefectura de Shiga, Xapón Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeXapón Editar o valor em Wikidata
Actividade
OcupaciónMangaka , ilustrador Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua xaponesa Editar o valor em Wikidata

Páxina webblog.livedoor.jp… Editar o valor em Wikidata
Twitter: tony_gai Editar o valor em Wikidata

Tonogai foi asistente de Atsushi Ōkubo, e deixou unha mensaxe conmemorando a adaptación ao anime Soul Eater no número de primavera de 2008 de Fresh Gangan.

Obras editar

Título Ano Notas
Higurashi When They Cry: Time-Killing Arc 2006 2 volumes
Doubt 2007–09 Serializado en Monthly Shōnen Gangan
Publicado por Square Enix en 4 volumes
Judge 2010–12 Serializado en Monthly Shōnen Gangan
Publicado por Square Enix en 6 volumes
Secret 2013–15 Serializado en Monthly Shōnen Gangan
Publicado por Square Enix en 3 volumes

Notas editar

  1. 著者:外海良基 [Author: Yoshiki Tonogai]. Media Arts Database (en xaponés). Xapón: Agency for Cultural Affairs. Consultado o 29 de febreiro de 2016. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar