Yoshida Brothers
dúo de shamisen xapones
Os Yoshida Brothers (吉田兄弟 Yoshida Kyōdai?) son un grupo composto por dous irmáns xaponeses que teñen sacado varios álbums co selo discográfico Domo Records.
Yoshida Brothers 吉田兄弟 | |
---|---|
Yoshida Brothers en novembro de 2012 | |
Orixe | Noboribetsu, Hokkaido, Xapón |
Período | 1999 - presente |
Xénero(s) | Tsugaru-jamisen |
Selo(s) discográfico(s) | Domo Records |
Membros | Ryōichirō Yoshida Kenichi Yoshida |
Antigos membros | Mikel Otero (guitarra) Jorge Murillo (baixo) |
Na rede | |
páxina web | |
Os dous irmáns interpretan música tradicional do estilo Tsugaru-jamisen, o cal se orixinou no norte do Xapón. Debutaron no ano 1999 tocando a dúo o shamisen. Co seu primeiro álbum venderon arredor de 100.000 copias e convertéronse en celebridades no seu país, un feito que sorprendeu ós propios Yoshida Brothers, que non agardaban tal éxito.[1]
Discografía editar
Álbums internacionais editar
- Yoshida Brothers (2003)
- Yoshida Brothers II (2004)
- Yoshida Brothers III (2006)
- Hishou (2007)
- Best Of Yoshida Brothers (2008)
- Prism (2009)
- Ibuki (2010)
- Move (2010)
Álbums no Xapón editar
- Ibuki (1999)
- Move (2000)
- Soulful (2002)
- Frontier (2003)
- Renaissance (2004)
Outras aparicións editar
- "Renovation" (xunto con Akira Inoue) no álbum Spectacle. (2009) de Daishi Dance
Notas editar
- ↑ "J-Pop World interview". Arquivado dende o orixinal o 19 de xaneiro de 2011. Consultado o 01 de agosto de 2012. Arquivado 19 de xaneiro de 2011 en Wayback Machine.