Yosefu Asajirō Satowaki

Yosefu Asajirō Satowaki (里脇 浅次郎, Satowaki Asajirō), nado o 1 de febreiro de 1904 en Shittsu, Xapón, e finado o 8 de agosto de 1996 en Nagasaki, foi un bispo xaponés da Igrexa Católica. Foi como arcebispo de Nagasaki entre 1968 e 1990, e foi creado cardeal polo papa Xoán Paulo II en 1979.

Infotaula de personaYosefu Asajirō Satowaki

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(ja) 里脇 浅次郎 Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento1 de febreiro de 1904 Editar o valor em Wikidata
Prefectura de Nagasaki, Xapón Editar o valor em Wikidata
Morte8 de agosto de 1996 Editar o valor em Wikidata (92 anos)
Nagasaki, Xapón Editar o valor em Wikidata
Cardeal
30 de xuño de 1979 –
Roman Catholic Archbishop of Nagasaki (en) Traducir
19 de decembro de 1968 – 8 de febreiro de 1990
← Paul Aijirō Yamaguchi (en) TraducirFrancis Xavier Kaname Shimamoto (en) Traducir →
Bispo diocesano
25 de febreiro de 1955 –
← Paul Aijirō Yamaguchi (en) TraducirPaul Shin'ichi Itonaga (en) Traducir →
Administrador apostólico
20 de marzo de 1941 – 5 de marzo de 1948
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeXapón Editar o valor em Wikidata
RelixiónIgrexa católica Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade Católica de América Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónbispo católico (1955–), sacerdote católico (1932–) Editar o valor em Wikidata
ConsagraciónMaximilien de Fürstenberg (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata

Editar o valor em Wikidata

WikiTree: 里脇-1 Find a Grave: 125979812 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Satowaki naceu en Shittsu, localidade da prefectura de Nagasaki, e estudou no seminario de Nagasaki, na Pontificia Universidade Urbaniana en Roma e na Universidade Católica de América de Washington, D.C. Cando era seminarista en Roma, foi quen convidou ao frade franciscano conventual polonés Maximiliano Kolbe a ir ao Xapón como misioneiro. Foi ordenado sacerdote o 17 de decembro de 1932,[1] e estivo destinado na arquidiocese de Nagasaki. Foi tamén administrador apostólico de Taiwán entre 1941 e 1945,[1] e reitor do seminario de Nagasaki entre 1945 e 1947.[1]

O 25 de febreiro de 1955, foi nomeado bispo de Kagoshima por Pío XII, e recibiu a consagración episcopal o seguinte 3 de maio por mans do arcebispo Maximilien de Fürstenberg. Participou no Concilio Vaticano Segundo, e posteriormente foi nomeado arcebispo de Nagasaki en 1968.

O papa Xoán Paulo II creouno cardeal co título de Cardeal-Presbítero de Santa Maria della Pace no consistorio do 30 de xuño de 1979.

Satowaki finou en Nagasaki en 1996, aos 92 anos.

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 Felician A. Foy, Rose M. Avato (1994). Our Sunday Visitor, ed. Catholic Almanac. p. 164. ISBN 9780879732721. 


Dignidades da Igrexa católica
Predecesor:
Pauro Aijirō Yamaguchi
 Bispo de Kagoshima 
1955 - 1968
Sucesor:
Pauro Shin'ichi Itonaga
Predecesor:
Pauro Aijirō Yamaguchi
 Arcebispo de Nagasaki 
1968 - 1990
Sucesor:
Furanshisuko Zabieru Kaname Shimamoto

 
 Este artigo sobre unha personalidade é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.