Yosafat Kotsylovskyi

O Beato Yosafat Kotsylovskyi (en ucraíno: Йосафат Коциловський), nado como Yosyf (en ucraíno: Йосиф) o 3 de marzo de 1876[1] en Pakoszówka (Reino de Galicia e Lodomeria) e finado o 17 de novembro de 1947 nun campo de concentración preto de Kíiv,[1] foi un eclesiástico grecocatólico ucraíno, bispo de Przemyśl, Sambor e Sanok dende 1917 até a súa morte. Foi beatificado por Xoán Paulo II en 2001.

Infotaula de personaYosafat Kotsylovskyi

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento3 de marzo de 1876 Editar o valor em Wikidata
Pakoszówka, Polonia (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte17 de novembro de 1947 Editar o valor em Wikidata (71 anos)
Kíiv, Ucraína Editar o valor em Wikidata
Causa da morteDoença pulmonar (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaAnnunciation to the Blessed Virgin Mary Church in Stryi (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Bispo diocesano
29 de xaneiro de 1917 –
← Kostiantyn Chekhovych (en) TraducirIvan Khoma →
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeImperio Austrohúngaro
República Nacional de Ucraína Occidental
Segunda República Polaca Editar o valor em Wikidata
RelixiónIgrexa católica e Igrexa católica bizantina ucraína Editar o valor em Wikidata
EducaciónPontificia Universidade Urbaniana Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoChurch‘s ministry (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónbispo católico (1917–), sacerdote católico (1907–) Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua polaca, lingua ucraína, lingua latina e lingua alemá Editar o valor em Wikidata
Orde relixiosaOrde de San Basilio Magno Editar o valor em Wikidata
ConsagraciónAndrei Sheptytskyi Editar o valor em Wikidata
Enaltecemento
Día de festividade relixiosa17 de novembro Editar o valor em Wikidata
Familia
PaiPetro Kotsylovskyi (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Stryi. Yosafat Kotsylovskyi.

Traxectoria editar

Naceu en Pakoszówka, unha aldea do concello de Sanok, en Lemkivshchyna, rexión habitada polo pobo lemko. Era fillo de Petro e Kateryna: o seu pai combinou a agricultura coa participación na vida política como deputado na Dieta de Galicia e Lodomeria;[2] a súa nai, de apelido de solteira "Kosar", era filla dun sacerdote greco-católico, e educou piadosamente aos seus fillos.

En 1896 ingresou na Universidade de Lviv para estudar leis, mais decepcionado coa situación política abandonou os estudos. Baixo a influencia do bispo Przemyśl Kostiantyn Chekhovych marchou a estudar Filosofía e Teoloxía a Roma. O 9 de outubro de 1907 foi ordenado sacerdote. Logo de ser ordenado sacerdote, foi profesor de teoloxía no seminario de Stanislaviv, onde ao pouco tempo foi nomeado vicerreitor.

O 2 de outubro de 1911 fixo a profesión na Orde de San Basilio Magno. O 8 de novembro de 1916 foi elixido bispo de Przemyśl, Sambor e Sanok, sendo confirmado pola Santa Sé o 29 de xaneiro de 1917. Recibiu a consagración episcopal o 23 de setembro, de mans do metropolita de Galicia Andrei Sheptytskyi.

Co estoupido da segunda guerra mundial o territorio da súa diocese foi ocupada de xeito sucesivo pola URSS e polo III Reich. En 1939, co pacto Ribbentrop-Molotov, os soviéticos anexionáronse Ucraína Occidental, e Kotsylovskyi estivo baixo vixilancia. Posteriormente, coa ocupación alemá, foi investigado e interrogado pola Gestapo por agochar xudeus na diocese.

Despois da guerra tratou de resistir a presión comunista contra a Igrexa. O 10 de setembro de 1945 o bispo enviou dous comunicados ás embaixadas dos E.U.A. e do Reino Unido tratando sobre a natureza da invasión, a represión, e as violacións de dereitos humanos, e pedindo axuda.

Finou nun campo de concentración soviético preto de Lviv o 17 de novembro de 1947.

Culto editar

O papa Xoán Paulo II beatificouno o 27 de xuño de 2001 na súa visita pastoral a Ucraína, xunto a Mykolai Charnetskyi e compañeiros mártires.[3] A súa festa celébrase o 17 de novembro.

Notas editar

  1. 1,0 1,1 Burns, Paul, ed. (2005). Butler's Saints of the Third Millennium: Butler's Lives of the Saints: Supplementary Volume. Bloomsbury Publishing. p. 78. ISBN 9781441130778. 
  2. Чорновол, Ігор Павлович (2010). 199 депутатів Галицького сейму. Lviv: Тріада плюс. p. 143. 
  3. Os outros mártires da Igrexa Católica Ucraína beatificados canda el foron: os bispos Hryhorii Khomyshyn, Symeon Lukach, Vasyl Velychkovskyi, Ivan Sleziuk, Nykyta Budka e Hryhorii Lakota; os presbíteros Mykola Konrad, Andrii Ishchak, Roman Lysko, Mykola Tsehelskyi, Petro Verhun e Oleksii Zarytskyi; os relixiosos Yakym Senkivskyi, Severiian Baranyk, Zenon Kovalyk, Vitalii Bairak e Ivan Ziatyk; as relixiosas Tarsykiia Matskiv, Olimpiia Bida e Lavrentiia Harasymiv; e o laico Volodymyr Pryima. Tamén foron beatificados os bispos grecocatólicos rusos Leonid Fedorov e Klymentii Sheptytskyi; e o bispo ruteno Teodor Romzha.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Коциловський, Йосафат (2004). Пилипович, Володимир, ed. Блаженний Йосафат Коциловський – перемиський єпископ. Зібрані послання та інші праці (en ucraíno). Przemyśl. 
  • Назарко, Іриней-Іван Іванович (1954). Йосафат Коциловський, ЧСВВ, єпископ Перемиський 1916-1946 (en ucraíno). Toronto. 

Ligazóns externas editar


Dignidades da Igrexa católica
Predecesor:
Kostiantyn Chekhovych
 Bispo de Przemyśl, Sambor e Sanok 
1917 - 1947
Sucesor:
Vasyl Hrynyk
(vigairo xeral)