Yoon Yong-gyu

director de cinema coreano

Yoon Yong-gyu (en coreano, 윤종규), nado o 29 de decembro de 1912 en Daegu, Corea (daquela parte do Imperio xaponés),[1] tamén coñecido como Yun Yong-kyu, foi un director de cinema coreano.

Infotaula de personaYoon Yong-gyu

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento29 de decembro de 1912 Editar o valor em Wikidata
Daegu Editar o valor em Wikidata
Mortevalor descoñecido Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeCorea do Norte Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióndirector de cinema Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua coreana Editar o valor em Wikidata

IMDB: nm1225262 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Nado en Daegu, cando Corea formaba parte do Imperio de Xapón. Fixo o seu primeiro filme Maeumui gohyang (Un fogar no corazón) (1949) en Corea do Sur, antes de desertar a Corea do Norte pouco antes do comezo da Guerra de Corea de 1950-1953. Aló, proseguiu a súa carreira como cineasta e, en 1952, comezou a traballar como director do Estudio Nacional de Cinema de Corea do Norte (국립영화촬영소).[1]

O clásico Maeumui gohyang, de 1949, foi editado en DVD en 2011 pola Federación Coreana de Arquivos Cinematográficos e en Blu-ray en 2023 por Blue Kino,[2] foi unha das películas coreanas máis importantes feitas despois da liberación do dominio xaponés. Baseada na obra teatral de Ham Se Deok, Tongseung (O pequeno monxe),[3][4] narra a historia de Do-seong, un neno monxe (Yoo Min) abandonado pola súa nai nun mosteiro budista, que devece polo seu retorno.

Stanley Park fixo unha nova versión en 2014 titulada 내마음의고향, Nae maeumeui goyang (Un fogar no meu corazón).[5]

Sonyeon ppaljjisan (Guerrilleiros adolescentes), de 1951, rodada durante a guerra, foi unha das primeiras películas norcoreanas.

Filmografía editar

  • 1949: 마음의 고향, Maeumui gohyang (en galego: Un fogar no corazón).
  • 1951: 년빨찌산, Sonyeon ppaljjisan (en galego: Guerrilleiros adolescentes).
  • 1952: 향토를 지키는 사람들, Hyangtoleul jikineun salamdeul (en galego: Defensores da patria)[1]
  • 1954:빨치산 처녀, Ppalchisan cheonyeo, (en galego: A partisana)
  • 1955: 신혼 부부, Sinhon bubu (en galego: Os acabados de casar) (codirixida por Dong-in Joo)
  • 1957: 오란청, Orang chon (en galego: Xente da aldea)
  • 1958: Suribong (codirixida por Youngseob Joo)
  • 1959: 춘향전, Chunhyangjeon (en galego: A lenda de Chunhyang)
  • 1960: Nyeoseong yeong-ung gwangbu
  • 1960: Dangyeol-ui nolae
  • 1972: Ab yeon gong deul (codirixida por Deok Kyu Kim)
  • 1980: 춘향전, Chunhyangjeon (en galego: A historia de Chun Hyang) (codirixida por Won Jun Yu)

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 "윤용규 - Yun Yong-gyu". kmdb.or.kr (en coreano). Consultado o 10 de maio de 2024. 
  2. "Yoon Yong-gyu". Hancinema. 
  3. "A Hometown in Heart". YesAsia. 
  4. Zur, Dafna. "Landscape of the heart in Homeless Angels and Hometown of the Heart". Taylor & Francis Online. 
  5. "A Hometown in my Heart". YesAsia. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar