Yolanda Be Cool é unha banda australiana composta por Sylvester Martínez e Johnson Peterson. Colaboraron co produtor australiano DCUP (Duncan MacLennan) para editar o sinxelo "We No Speak Americano", a través do selo independente Sweat It Out que eles mesmos fundaron, sampleando o hit de 1956 "Tu vuò fà l'americano" de Renato Carosone (composto por Carosone e Nisa).

Yolanda Be Cool
OrixeAustralia, Australia
Período2009 - presente
Xénero(s)club, swing house
Selo(s) discográfico(s)Sweat It Out, Ultra Records
MembrosSylvester Martinez
Johnson "Durango Slim" Peterson
Na rede
http://yolandabecool.com/
Facebook: YolandaBeCool2 Twitter: yolandabecool MySpace: yolandabecool Youtube: UCSWLiMJeSqtr6PQXi32mIjQ Souncloud: yolandabecool Last fm: Yolanda+Be+Cool Musicbrainz: bd90e308-9904-48fb-9318-918d3f595d73 Songkick: 3174601 Discogs: 1561295 Allmusic: mn0002360540 Deezer: 392204 Genius: Yolanda-be-cool Editar o valor em Wikidata

"We No Speak Americano" encabezou as listas británica, danesa, neerlandesa, sueca e española e acadou o Top 5 en Australia, Bélxica e Noruega. Tamén foi un hit en Italia, Nova Zelandia, Paraguai, Colombia, Perú, Uruguai, México, Ecuador, Chile, Panamá, Arxentina, Venezuela, Costa Rica, Honduras e varios países máis. O vídeo foi dirixido por Andy Hylton en Lutimedia.

Antes diso, colaboraran con DCUP cando remesturou o seu popular tema "Afro Nuts" en 2009.

O nome da banda é unha referencia a unha escena da película Pulp Fiction, onde a personaxe de Samuel L. Jackson, Jules Winnfield, dille a Yolanda, unha ladrona dunha cafetería, que se tranquilice (Be Cool, en inglés). O seu tema "Villalobos for President" refírese á personaxe do filme Esmeralda Villalobos, interpretada por Angela Jones.

En xullo do 2010 foi lanzada unha nova canción chamada "Sing Sing Sing" coa colaboración de DCUP.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar