O Yokosuka P1Y Ginga (en xaponés vía láctea) foi un bombardeiro xaponés da segunda guerra mundial. Foi deseñado como bombardeiro de grande velocidade, pero tamén usouse como caza nocturno, avión de recoñecemento e torpedeiro. Voou por primeira vez en agosto de 1943. O seu alcume por parte dos aliados foi "Frances".

Yokosuka P1Y Ginga
P1Y Ginga
Tipobombardeiro
FabricanteYokosuka
Nakajima
Kawanishi
Primeiro vooagosto de 1943
Introducidooutubro de 1944
Retirado1945
Principais usuariosServizo Aéreo da Armada Imperial Xaponesa
Unidades construídas1 102

Foi deseñado polo arsenal de Yokosuka segundo especificacións da armada pedindo unha velocidade coma a do Zero, un alcance coma a do G4M, 907 quilos de bombas, e a habilidade de bombardeo en picado, así como a capacidade para levar torpedos. Como resultado o seu deseño foi complexo, foi difícil de fabricar e as súas prestacións en servizo foron pobres. Problemas co motor Nakaima Homare acelerou a súa substitución polo Mitsubishi Kasei.