Harbhajan Singh Khalsa Yogiji, Yogi Harbhajan ou Yogi Bhajan, nado en Gujranwala o 26 de agosto de 1929 e finado en La Española o 6 de outubro de 2004, foi un empresario, fundador da organización non gobernamental 3HO e mestre sij de kundalini ioga.

Yogi Bhajan
Nacemento26 de agosto de 1929
Lugar de nacementoGujranwala
Falecemento6 de outubro de 2004
Lugar de falecementoEspañola
NacionalidadeIndia, Paquistán, Raj Británico e Dominio da India
Ocupaciónrelixioso
Na rede
Musicbrainz: b7317cbe-de95-422e-bbd8-105e431173f5 Discogs: 4673798 Find a Grave: 9585775 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Fundou 3HO (Healthy, Happy, Holy Organization) en 1969 e máis tarde esta organización foi recoñecida polas ONU como ONG, ten campañas educativas e a favor dos dereitos da muller e os dereitos humanos. Como empresario, implicouse nuns 17 negocios, entre eles centros de ioga e a compañía de comida saudable Golden Temple.

Aos 39 anos instalouse nos EEUU, onde se fixo coñecido polas súas habilidades co ioga e por facer que moitos europeos e norteamericanos se convertesen ao sijismo.

Sobrevivíronlle a súa esposa, Inderjit Kaur, os seus fillos, Ranbir Singh e Kulbir Singh; a súa filla, Kamaljit Kaur e cinco netos.