Yapen (tamén Japen, Jobi)[1] é unha illa pertencente ao arquipélago Schouten, na provincia de Papua, Indonesia. O estreito de Yapen separa Yapen e as Illas Biak ao norte. Está na baía de Cenderawasih da costa do noroeste da illa de Nova Guinea. Ao oeste atópase a illa Mios Num, a través do estreito de Mios Num, e ao leste a illa Kurudu. Na costa sueste de Yapen atópanse as Illas Amboi e ao suroeste as Illas Kuran. Pobóase coas comunidades Yobi, Randowaya, Serui, e Ansus. O seu punto máis alto ten 1.496 m.

Yapen
Localización da illa
Situación
País Indonesia
ArquipélagoIllas Schouten
Coordenadas1°50′S 136°10′L / -1.833, -136.167Coordenadas: 1°50′S 136°10′L / -1.833, -136.167
Xeografía
Superficie2.278 km²
Longura máxima170 km.
Largura máxima30 km.
Punto máis alto1.496 m.
Demografía
CapitalSerui
Arquipélago Schouten, en Indonesia

Historia editar

A primeira observación rexistrada polos europeos foi por Álvaro de Saavedra, que desembarcou o 24 de xuño de 1528 ao intentar volver de Tidore a Nova España. Foi cartografiada entón como "Paine" dentro das "Islas de Oro" (Illas de Ouro) como chamaron as Schouten. En 1545 visitouna Íñigo Ortiz de Retes a bordo do Galeón San Juan.[2]

Notas editar

  1. "History of expeditions in Papua Indonesia". The Papua Insects Foundation. Consultado o 2008-04-26. 
  2. Coello, Francisco "Conflicto hispano-alemán" Boletín de Sociedad Geográfica de Madrid, t.XIX. 2º semestre 1885, Madrid, p.234,239,309,310,315,319

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar

Selva tropical na illa de Yapen (en inglés)


 
 Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.