Yannick Noah, nado en Sedan, Ardenas, o 18 de maio de 1960 é un antigo tenista profesional e cantante francés.[1] En 2005 foi incluído no International Tennis Hall of Fame. Retirado do mundo do tenis, dedicouse á música e tamén fundou unha organización benéfica. O seu fillo Joakim Noah é xogador dos Chicago Bulls da NBA.[2]

Infotaula de personaYannick Noah

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento18 de maio de 1960 Editar o valor em Wikidata (63 anos)
Sedan (Francia) Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeCamerún
Francia Editar o valor em Wikidata
Altura193 cm Editar o valor em Wikidata
Peso85 kg Editar o valor em Wikidata
Lateralidadedestro Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióntenista , artista discográfico , adestrador de tenis , cantante , witness filmed (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1977 Editar o valor em Wikidata - 1996 Editar o valor em Wikidata
Xénero artísticoMúsica pop e Funk Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua francesa Editar o valor em Wikidata
Patrimonio estimado3.440.600 $ Editar o valor em Wikidata
InstrumentoVoz Editar o valor em Wikidata
Selo discográficoSony Music Entertainment Editar o valor em Wikidata
Nacionalidade deportivaFrancia Editar o valor em Wikidata
Deportetenis Editar o valor em Wikidata
Disciplina deportivatenis individual
tenis dobres Editar o valor em Wikidata
Man de xogodestro Editar o valor em Wikidata
AdestradorPatrice Hagelauer (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Modalidade Partido de tenis enllaç=enllaç= enllaç= Récord persoal
Tenis individual 478–209 Editar o valor em Wikidata  23 Editar o valor em Wikidata 3 (1986)
Tenis dobres 213–109 Editar o valor em Wikidata 16 Editar o valor em Wikidata 1 (1986)
Hall of fame Fitxa HOF Editar o valor em Wikidata
ATP Info ATP Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeHeather Stewart-Whyte (1995–1999)
Cecilia Rodhe (1984–1987)
FillosJoakim Noah
 () Cecilia Rodhe (pt) Traducir
Joalukas Noah (en) Traducir
 () Isabelle Camus (en) Traducir
Eleejah Noah (en) Traducir
 () Heather Stewart-Whyte (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
PaisZacharie Noah Editar o valor em Wikidata  e Marie-Claire Noah Editar o valor em Wikidata
ParentesSimon Noah Bikié (en) Traducir (avó) Editar o valor em Wikidata
Premios

Páxina webyannicknoah.com Editar o valor em Wikidata
IMDB: nm1169301 Allocine: 12768
Facebook: yannicknoahofficiel Twitter: noahyannick Instagram: yannicknoah Youtube: UC69naTYEu3LQ4FxBOw5fEpg Spotify: 0BCkVcs4QEgfHlvZ7rjSNv iTunes: 16501426 Musicbrainz: fe87035a-eef5-4cde-9961-747f0492c5d7 Songkick: 349140 Discogs: 572128 WikiTree: Noah-601 Deezer: 1801 Genius: Yannick-noah Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Carreira deportiva editar

Noah naceu en Francia en 1960, fillo de Zacharie Noah, un futbolista camerunés, e de Marie-Claire, profesora francesa e xogadora de baloncesto. Debido a unha grave lesión do seu pai en 1963, a familia trasladouse ao Camerún onde comezou a xogar ao tenis. Aos 11 anos foi descuberto polos tenistas Arthur Ashe e Charlie Pasarell, e o seu talento non pasou desapercibido pola federación francesa de tenis, o que lle permitiu regresar a Francia en 1971.[3] Fíxose profesional en 1977[2] e gañou o seu primeiro título en Manila ao ano seguinte. O fito deportivo máis importante que logrou foi o triunfo na final masculina de Roland Garros en 1983.[4] Había 37 anos sen que o torneo tivese un gañador local, despois da vitoria de Marcel Bernard en 1946[5], e, a data de 2023, aínda non volveu haber outro gañador francés. Ao ano seguinte, en 1984, tamén se impuxo na final de dobres co seu compatriota Henri Leconte. En agosto de 1986 converteuse no número 1 da clasificación de dobres, posto que ocupou durante 19 semanas. Na clasificación individual acadou a terceira posición, e segue sendo o tenista francés que alcanzou máis alto na clasificación individual desde a súa introdución (outros once chegaron ao top10).[6] Non gañou outro título de Grand Slam pero xogou outras dúas finais de dobres con Leconte (Aberto dos Estados Unidos, 1985) e Guy Forget (Roland Garros, 1987).

Tamén foi capitán dos equipos franceses da Copa Davis e da Copa Federación. Acadou o terceiro posto na clasificación individual e o máis alto da clasificación de dobres.

Carreira musical editar

 
Noah en concerto en Rennes (2011).

Despois de retirarse do tenis profesional, Noah comezou unha carreira como cantante actuando varias veces por toda Europa. O primeiro álbum musical foi lanzado en 1991 co título Black or What . Entre as cancións dos primeiros traballos destacan "Saga Africa", "Get on Back" e "Simon Papa Tara", esta última coa colaboración de Erick Benzi e Robert Goldman. Tamén cantou cancións de Téléphone e Bob Marley.[7] En vendas, destacou o sétimo disco titulado Charango (2006), que superou o millón de copias grazas aos sinxelos "Donne-moi une vie" e "Aux arbres citoyens ". En 2010 volveu co seu oitavo traballo chamado Frontières, no que destaca a canción "Angela", dedicada á activista política Angela Davis. O seu último traballo foi Hommage publicado en 2012.

Caridade editar

Noah é moi activo en eventos e organizacións benéficas. Entre estas organizacións e campañas destacan Enfants de la Terre, creada pola súa nai Marie-Claire (1988), Fête le Mur, que el mesmo fundou (1996) para nenos desfavorecidos de zonas pobres e suburbios. Tamén é portavoz de Appel des Enfants pour l'Environnement, que pertence ao Fondo Mundial para a Natureza (WWF), e participou cantando con Les Enfoirés para axudar a Les Restos du Cœur.

Vida persoal editar

Casou coa modelo sueca Cécilia Rodhe, Miss Suecia en 1978 e escultora, coa que tivo dous fillos, Joakim (1985) e Yelena (1986). O primeiro é un famoso xogador de baloncesto da NBA cos Chicago Bulls mentres que Yelena é modelo. Máis tarde separouse e casou coa modelo británica Heather Stewart-Whyte coa que tivo dous fillos máis, Elijah (1996) e Jénayé (1997). Após separarse de Heather, casou coa produtora de televisión francesa Isabelle Camus, coa que tivo o seu quinto fillo, Joalukas (2004).

Despois de separarse de Isabelle, casou cunha brasileira coa que rexenta en Saint Barthélemy, nas Antillas Francesas, un restaurante chamado Do Brazil.[8]

O 15 de xullo de 1996 foi demandado polas autoridades francesas por evasión fiscal durante os anos 1993 e 1994, e o tribunal confirmou posteriormente que Noah non declarara tres contas bancarias en Suíza, Holanda e os Estados Unidos.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar

  1. "Yannick Noah; Overview; ATP Tour, Tennis". ATP Tour. Consultado o 2023-02-25. 
  2. 2,0 2,1 Djata, Sundiata (2008-05-01). Blacks at the Net: Black Achievement in the History of Tennis, Volume Two (en inglés). Syracuse University Press. ISBN 978-0-8156-0898-1. 
  3. Boli, Claude (2010-05-01). "Les footballeurs noirs africains en France". Hommes & migrations. Revue française de référence sur les dynamiques migratoires (en francés) (1285): 14–30. ISSN 1142-852X. doi:10.4000/hommesmigrations.1173. 
  4. Parent, Milena M.; Chappelet, Jean-Loup (2017-07-14). Routledge Handbook of Sports Event Management (en inglés). Routledge. ISBN 978-1-135-10437-5. 
  5. Bodo, Peter (2011-06-17). The Courts of Babylon: Dispatches From The Golden Age of Tennis (en inglés). Diversion Books. ISBN 978-0-9829050-5-0. 
  6. "Tennis en France" (en francés). 2022-08-30. 
  7. "Yannick Noah - Redemption Song (Clip officiel)". Consultado o 2023-02-25. 
  8. agenciahelice,terra. "Restaurante com sotaque brasileiro serve moqueca em St Barth". Terra (en portugués). Consultado o 2023-02-25.