Yan Ge

escritora chinesa

Yan Ge (chinés simplificado: 颜歌; pinyin: Yán Gē), nada en Chengdu (Sichuan) en decembro do 1984, é unha escritora chinesa.

Infotaula de personaYan Ge (颜歌)
Biografía
Nacemento1984
Sichuan, China
Datos persoais
País de nacionalidadeChinesa
EducaciónUniversidade de Sichuan
Actividade
Ocupaciónescritora , novelista Editar o valor em Wikidata
Período de actividadeSéculo XXI
Xénero artísticoNovela
LinguaSichuanés, chinés, inglés

Traxectoria editar

Yan Ge naceu na cidade de Chengdu, no distrito de Pixian.[1] O seu nome de nacemento é Dai Yuexing 戴月行.[1] Comezou a escribir aos dez anos, e publicou o seu primeiro libro aos dezasete.[2] Aos dezanove anos, perdeu á súa nai, o que tivo un forte impacto na escritora.[2] Doutorouse en Literatura Comparada pola Universidade de Sichuan, e é presidenta da Asociación de Escritores Novos da China.

No 2011, foi profesora visitante na Universidade Duke, nos Estados Unidos.[3] En novembro do 2012, foi escritora invitada no Festival Cruzando Fronteiras celebrado na Haia, participando tamén noutros festivais de literatura europeos.[4] Dende o 2015, vive en Dublín co seu marido e o seu fillo.[5]

Obra editar

Yan Ge escribe en sichuanés, máis ca en mandarín estándar.[6] No ano 2023 publicou o seu primeiro relato en inglés, na antoloxía Elsewhere: Stories.[2]

As súas obras exploran temas coma o poder da linguaxe ou a diáspora chinesa, e varias delas destacan polo emprego de elementos mitolóxicos.[3][7] A súa novela máis coñecida, Yi shou zhi 异兽志 ("Monstros estraños", 2006), ambientada na ficticia vila de Yong'an, é unha caricatura da sociedade contemporánea.[1] Os seus protagonistas, diferentes razas de monstros moi parecidos aos seres humanos, constitúen unha alegoría da otredade e da alienación.[8]

Premios editar

  • 2002 - Concurso de Novos Conceptos de Escritura (1.º Premio)
  • 2003 - Premio de Literatura Chinesa dos Medios.

Publicacións editar

Novelas editar

  • Guan he 关河 ("O río Guan", 2004).[9]
  • Shiqi yue zang 十七月葬 ("O funeral do décimo sétimo mes", 2004).[9]
  • Liang cheng 良辰 ("Os bos tempos", 2005).[9]
  • Yaonie pai miji 妖孽派秘笈 ("O libro secreto dos malvados", 2006).[9]
  • Yi shou zhi 异兽志 ("Monstros estraños", 2006).[9]
  • Wu yue nü wang 五月女王 ("A raíña de maio", 2008).[9]
  • Shengyin yuetuan 声音乐团 ("A orquestra", 2011).[9]
  • Women jia 我们家 ("A nosa familia", 2013).[9]

Relatos editar

  • Pingle zhen shangxin gushi ji 平乐镇伤心故事集 ("Historias tristes de Pingle", 2015).[9]
  • Elsewhere: Stories ("Noutro lugar: Historias", 2023).[10]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 "Yan Ge 颜歌". www.chinese-shortstories.com. Consultado o 2024-01-13. 
  2. 2,0 2,1 2,2 "Chinese writer Yan Ge finds solace in creating literary worlds". cbc.ca. Consultado o 14/01/2024. 
  3. 3,0 3,1 Zhong, Na (2018-10-09). "Writing from In-Between: A Conversation with Yan Ge". The China Project (en inglés). Consultado o 2024-01-14. 
  4. "China - DutchCulture - Your partner for international cultural ambitions". dutchculture.nl. Consultado o 2024-01-14. 
  5. Abrahamsen, Eric. "Yan Ge". Paper Republic (en inglés). Consultado o 2024-01-14. 
  6. Mialaret, Bertrand (2015-12-01). "Yan Ge: families, humour, Sichuan, a spicy dish.". Chinese book reviews (en inglés). Consultado o 2024-01-14. 
  7. Bhanoo, Sindya N. (2023-09-15). "In Three New Story Collections, Much Is Left Unsaid". The New York Times (en inglés). ISSN 0362-4331. Consultado o 2024-01-14. 
  8. Jeppesen, Travis (2021-09-21). "“Strange Beasts of China” by Yan Ge" (en inglés). Consultado o 2024-01-14. 
  9. 9,0 9,1 9,2 9,3 9,4 9,5 9,6 9,7 9,8 "颜歌". 百度百科. Consultado o 2024-01-14. 
  10. "ELSEWHERE - WorldCat.org". search.worldcat.org (en inglés). Consultado o 2024-01-14.