Xuramentos de Estrasburgo

Os Xuramentos de Estrasburgo (Sacramenta Argentariae) son uns xuramentos de axuda mutua prestados o 14 de febreiro de 842 entre dous dos netos de Carlomagno, Carlos o Calvo e Lois o Xermánico, contra o seu irmán Lotario, onde se atopa a primeira testemuña dunha lingua romance falada en Francia, xa claramente distinta do latín, que marcan o nacemento da lingua francesa.

Extracto dos Xuramentos de Estrasburgo.

Os Xuramentos de Estrasburgo foron declarados e redactados neste protofrancés e en "teudisca lingua", (lingua xermánica), por cada un dos monarcas na lingua do outro, e despois polas súas tropas, de modo que todo o mundo o comprendera.

Foron transcritos por Nitardo, outro neto de Carlomagno, e ilustran o momento en que o latín literario, empregado nos documentos, deixou de ser inintelixible ao pobo.

Texto en teudisca lingua editar

 
Extracto do Xuramento

Escrito nunha lingua xermánica de tipo fráncico, falada na rexión renana. Pronunciado por Carlos o Calvo.

In Godes minna ind in thes christianes folches ind unser bedhero gealtnissi, fon thesemo dage frammordes, so fram so mir Got geuuizci indi mahd furgibit, so haldih tesan minan bruodher, soso man mit rehtu sinan bruodher scal, in thiu, thaz er mig sosoma duo ; indi mit Ludheren in nohheiniu thing ne gegango, zhe minan uuillon imo ce scadhen uuerhen

Texto en romana lingua editar

 
Os Xuramentos de Estrasburgo.

Escrito en protofrancés, claramente distinto do latín, pero sen moitos dos trazos que distinguen ao francés dos primeiros textos literarios. Pronunciado por Lois o Xermánico.

Pro deo amur et pro christian poblo et nostro commun salvament, d'ist di in avant, in quant deus savir et podir me dunat, si salvarai eo cist meon fradre Karlo et in aiudha et in cadhuna cosa, si cum om per dreit son fradra salvar dist, in o quid il mi altresi fazet, et ab Ludher nul plaid nunquam prindrai, qui meon vol cist meon fradre Karle in damno sit

Tradución ao galego editar

Tradución do texto en romana lingua

Polo amor de Deus e polo pobo cristián, e por noso ben común, a partir de agora, mentres Deus me dea sabedoría e poder, socorrerei a este meu irmán Carlos coa miña axuda e calquera outra cousa, como se debe socorrer a un irmán, segundo é xusto, a condición de que el faga o meso por min, e non terei nunca acordo algún con Lothario que, pola miña vontade, poida ser prexudicial para o meu irmán Carlos."

Outros textos de orixe francesa editar

Existen outros textos anteriores aos Xuramentos, que testemuñan o romance falado en Francia, como as glosas de Cassel, do século VII, ou as glosas de Reichenau, un século posteriores. Estas son, porén, glosarios ou listas de palabras.

O segundo texto completo da historia da lingua francesa é a Secuencia de Santa Eulalia, datada en 880, a cal constitúe o primeiro texto literario en francés.

Véxase tamén editar

Biografía editar

  • Ayres-Bennett, Wendy (1995). A History of the French Language through Texts. London/New York: Routledge. 
  • Cerquiglini, Bernard (1991) La naissance du français, París, Presses universitaires de France, 1991 (Que-sais-je ?) 3rd edition, 2007
  • Goldberg, Eric J. (2006). Struggle for Empire: Kingship and Conflict under Louis the German, 817–876. Ithaca e Londres: Cornell University Press.
  • Hall, Robert A. (1953). "The Oaths of Strassburg: Phonemics and Classification". Language 29 (3): 317–321. doi:10.2307/410027. 
  • Hartmann, Wilfried (2004). Ludwig der Deutsche und seine Zeit. Darmstadt: Wissenschaftliche Buchgesellschaft.
  • Hartmann, Wilfried (2002). Ludwig der Deutsche. Darmstadt: Primus.
  • Hilty, Gerold (2010). "Review of Francesco Lo Monaco and Claudia Villa (eds.), I Giuramenti di Strasburgo: Testi e tradizione". Vox Romanica 69: 273–276. 
  • Holtus, Günter (1998). "Rilievi su un'edizione comparatistica dei Giuramenti di Strasburgo". En Jószef Herman. La transizione dal latino alle lingue romanze. Tübingen: Niemeyer. pp. 195–212. 
  • Lowe, Lawrence F. H.; Edwards, Bateman (1927). "The Language of the Strassburg Oaths". Speculum 2 (3): 310–317. doi:10.2307/2847721. 
  • Rea, John A. (1958). "Again the Oaths of Strassburg". Language 34 (3): 367–369. doi:10.2307/410928. 
  • Thompson, James Westfall (1926). "The Romance Text of the Strassburg Oaths. Was it Written in the Ninth Century?". Speculum 1 (4): 410–438. doi:10.2307/2847162. 
  • Wright, Roger (2002). "Early Medieval Pan-Romance Comprehension". En Roger Wright. A Sociophilological Study of Late Latin. Turnhout: Brepols. pp. 175–190.