O Xunqueiredro ou Xunqueiredo II é un poliedro de 80 caras[1], que son triángulos equiláteros iguais. Pódese construír a partir de varias estrela octángulas ou a partir de varios tetraedros.

Xunqueiredro II frontal
Xunqueiredro II.
Perspectiva do Xunqueiredro II
Perspectiva do Xunqueiredro II

Foi nomeado oficialmente polo Club de Ciencia[2] do IES A Xunqueira II[3] de Pontevedra no acto de entrega de premios do I Concurso Novos Poliedros organizados por Igaciencia[4][5][6], en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística.[7]

Construción do Xunqueiredro II mediante padróns editar

A partir dunha imaxe en 3D extráense os padróns en dúas dimensións subdividindo a peza en 4 niveis, dos que o 3º e o 4º son simétricos aos dous primeiros.

O nivel superior corresponde coa metade dunha Stella Octángula, que está composta por 12 triángulos equiláteros. Constrúese mediante dous padróns iguais de 6 triángulos cada un.

O segundo nivel contén 28 triángulos equiláteros. Constrúese mediante 4 padróns de 7 triángulos cada un.

Notas editar

  1. IES A Xunqueira II. "Xunqueiredro" (PDF). 
  2. IES A Xunqueira II. "Club de Ciencia" (PDF). 
  3. IES A Xunqueira II. "IES A Xunqueira". 
  4. La Voz de Galicia. "Premio para os autores de «Xunqueiredro II», o poliedro dos alumnos do IES A Xunqueira II". 
  5. Faro de Vigo. "O IES A Xunqueira II, no concurso "Novos Poliedros"". 
  6. Diario de Pontevedra. "A Xunqueira II gaña un dos premios do Concurso de Novos Poliedros". 
  7. Secretaría Xeral de Política Lingüística, Xunta de Galicia. "A Secretaría Xeral".