Xudaísmo conservador

O Xudaísmo Masortí (Conservador) xorde en Alemaña a mediados do século XIX como unha reacción ao xudaísmo reformista, posicionándose como unha síntese entre este último e o xudaísmo ortodoxo. Xunto a estas dúas, o xudaísmo conservador é unha das tres grandes correntes relixiosas do xudaísmo. O xudaísmo conservador institucionalizouse nos EUA arredor do 1900.

O conservadorismo postula a devoción á tradición e lei xudía (masoret e xalaxá), cun achegamento aberto e positivo ao mundo moderno, á democracia e ao sionismo.

Os principios do Xudaismo Conservador inclúen:

  • A "dedicación á Xalaxá... [como unha] guía para as nosas vidas".
  • Un ensino non fundamentalista dos principios da fe xudaica.
  • Unha actitude positiva para a cultura moderna.
  • Unha aceptación tanto dos métodos tradicionais-rabínicos como dos académicos e críticos no que ao estudo dos textos relixiosos do xudaísmo se refore.

O Xudaísmo Conservador ten as súas orixes na escola coñecida como o Positivismo Histórico Xudaico, desenvolvida en 1850 como unha reacción ás posicións máis liberais adoptadas polo xudaísmo reformista. O termo conservador denotaba a intención desta corrente de conservar a tradición, no canto de reformarla ou abandonala. O uso do devandito termo está totalmente desprovisto das súas connotacións políticas.

Para evitar as confusións ás que o termo convida, algúns rabinos nos Estados Unidos e o Canadá propoñen utilizar o termo Masortí, que en hebreo significa tradicional, que foi adoptado polas divisións israelí e mundial do movemento.

Principios editar

Durante boa parte da súa historia, o Xudaísmo Conservador evitou a publicación sistemática de explicacións sobre os principios do Xudaísmo, como parte dos seus esforzos conscientes por mater unha ampla coalición.

No 1988 o liderado do Xudaísmo Conservador nos EUA publicou unha declaración de principios, chamada Emet Ve-Emunah: Statement of Principles of Conservative Judaism (Emet Ve-Ehunah (Verdade e Fe): Declaración de Principios do Xudaísmo Conservador). Este documento foi produto dun longo proceso de traballo que involucrou a distintos sectores do movemento, nun intento de producir un documento que reflectise non a opinión dunha soa persoa, senón o consenso de toda a comunidade.

Emet Ve-Emunah afirma a crenza en Deus e na inspiración divina da Torá, afirmando ao tempo a lexitimidade da multiplicidade de interpretacións sobre estes temas. As ideas do ateísmo, politeísmo e a trindade son rexeitadas de pleno, xunto co relativismo, a interpretación literal das escrituras e o fundamentalismo.

Deus editar

O Xudaísmo Conservador afirma a idea do monoteísmo, aínda que os seus membros sosteñen distintas crenzas sobre a natureza de Deus, sen que se impoña unha en particular. Entre as perspectivas que se sosteñen se inclúen:

  • Racionalismo maimideano.
  • Misticismo cabalísto.
  • Panteísmo hasídico.
  • Teísmo limitado (ver por exemplo: Harold Kushner "Cando as cousas malas lle pasan a persoas boas").
  • Pensamento orgánico, como o presentado por Alfred North Whitehead e Charles Hartshorne, tamén coñecido como Teoloxía do proceso (ver, por exemplo, a obra dos rabinos Max Kaddushin e William E. Kaufman).

As ideas do naturalismo relixioso, plasmadas en corrente do xudaísmo reconstruccionista enunciada por Mordecai Kaplan tiveron moita influencia no movemento conservador, ata que o reconstrucionismo se instituíu nun movemento independente. Nunha edición especial da publicación Conservative Judaism (Winter 1999), da Asemblea Rabínica, o editor declarou que o naturalismo de Caplan parece haber desaparecido do horizonte conservador.

Revelación editar

O Xudaísmo Conservador permite aos seus membros adoptar distintas visións sobre o concepto de revelación. A maioría dos membros do movemento rexeita a idea tradicional de que Deus ditou o contido literal da Torá a Moisés no Monte Sinai nun acto de revelación verbal, pero sosteñen a crenza tradicional de que Deus inspirou aos profetas tardíos para escribir o resto do Tanax. A crenza de que Deus inspirou a Moisés -ao igual que aos profetas tardíos- tamén goza de ampla aceptación entre os membros do movemento.

O xudaísmo conservador acepta os postulados da crítica bíblica, incluíndo a hipótese documentaria -é dicir, a teoría de que a Torá foi redactada a partir de distintas fontes previas. As autoridades rabínicas do movemento, así como o seu comentario oficial sobre a Torá (Etz Hayim: A Torah Commentary) afirma que os xudeus deben facer uso da análise literaria e histórica modernas para entender como a Biblia se desenvolveu.

Lei xudía editar

O xudaísmo conservador ve a lei xudía, a Xalaxá, como un marco normativo co que se establece un vínculo de obrigatoriedade. Examinando a historia xudía e a literatura rabínica a través dos prismas da crítica académica, o conservadorismo sostén que a xalaxá evolucionou constantemente para adaptarse ás realidades da vida xudía, evolución que debe continuar na vida moderna.

Esta visión, xunto á diversidade de opinións que o xudaísmo conservador adopta en relación á revelación divina, é responsable de parte da diversidade e desacordo na xalaxá conservadora. Ao considerar cambios á mesma, as autoridades rabínicas do movemento baséanse en consideracións relixiosas, así como da análise histórica. Tal como dixera Salomón Schechter: "a magnitude do valor literario dun código non lle adxudica inefabilidade, nin o exime do estudante ou o rabino que fan uso do mesmo desde a súa obriga de examinar cada parágrafo polos seus propios méritos, facéndoo suxeito das mesmas regras de interpretación que foron aplicadas sempre á Tradición".

A dinámica do movemento no que respecta á xalaxá xera nalgúns casos interpretacións diametralmente opostas, sendo todas as opcións válidas para o movemento. Un claro e recente exemplo dos resultados desta dinámica son evidentes nas recentes resolucións do movemento en relación á homosexualidade.

Visións sobre as outras correntes do xudaísmo editar

O xudaísmo conservador constrasta coas outras correntes principalmente en dúas áreas:

Revelación da Torá editar

En relación á idea da revelación da Torá, o xudaísmo conservador asume que a ortodoxia sostén a idea de revelación verbal directa, aínda cando numerosos filósofos ortodoxos non están de acordo con esta caracterización (coma Breuer, Berkovits, Soloveitchik, Kook ou Fox). Por outra banda, o xudaísmo conservador rexeita a postura reformista segundo a cal a Torá non foi relevada, senón divinamente inspirada.

A posición conservadora maioritaria difire das anteriores en afirmar a autenticidade da revelación divina non verbal. Segundo esta visión, a Torá Oral está inspirada na Torá Escrita, pero non ten unha orixe necesariamente divina.

Interpretación da Xalaxá editar

A tradición legal xudía fai que as diferenzas entre as correntes modernas do xudaísmo inclúan a relevancia, interpretación e aplicación da lei e tradición xudía. O xudaísmo conservador sostén que o seu tratamento da xalaxá é a máis auténtica expresión do xudaísmo, ao ser coma foi practicado tradicionalmente. O conservadorismo considera que o reformismo e o reconstrucionismo se equivocaron ao rexeitar a autoridade tradicional da xalaxá. Tamén considera que a ortodoxia se equivocou ao demorar, ou deter, o desenvolvemento histórico da Lei Xudía: “O xudaísmo conservador cre que o estudo académico dos textos xudeus indica que o Xudaísmo se atopou en evolución permanente, a fin de resolver as necesidades do Pobo Xudeu nas máis variadas circunstancias, e que unha autoridade xaláxica central pode continuar a evolución xaláxica na actualidade” (Soc. Culture. Jewish Usenet Newsgroup FAQ).

O movemento conservador utiliza conscientemente as fontes históricas a fin de determinar que tipo de cambios foron introducidos na tradición xudía, cando e como ocorreron, e en que contexto histórico.

A muller no xudaísmo conservador editar

Pode ser consagrada como rabino, asistir á sinagoga sen estar nun lugar apartado, facer "aliá" (subir á cátedra do espírito santo onde se atopan os rolos da Torá), sumar para o minián (cantidade mínima de persoas para realizar un servizo relixioso) e ensinar a Torá e o Talmud entre outras cousas; tamén pode usar Talit e cumprir co precepto dos Tefilín (filacterias) aínda que estes dous últimos non son obrigatorios; todas estas cuestións traen inconvenientes principalmente no que se refire a cemiterios, xa que os mesmos en moitas comunidades están (desde o punto de vista relixioso) administrados por sectores ortodoxos que non permiten que unha muller oficie durante un enterro, cabodano ou homenaxe a unha persoa falecida. Se ben o xudaísmo conservador realizou grandes avances no que ao status da muller se refire, a amplitude ideolóxica que caracteriza ao movemento permite que o tema do igualitarismo non sexa de aceptación universal, existindo incluso algunhas sinagogas conservadoras que manteñen un minián igualitario e un non.

En conclusión o home é case igual á muller, en contraste ao xudaismo ortodoxo, que entende que a muller e o home son diferentes e que se conectan a Deus se forma distinta.