Xubi é unha mascota galega empregada para promocionar o camiño de Santiago e o Ano Xacobeo. Foi creada en 2010 cando substituíu a anterior mascota, Pelegrín.[1]

Xubi
Creador(es) Alberte Permuy
Información
Sexo varón
Nacemento 2010
Nacionalidade Galicia Galicia
Logo de Xubi.

Características editar

Foi deseñada por Alberte Permuy para a Fundación Ad Sanctum Iacobum Peregrinatio, vinculada á igrexa polo arcebispado de Santiago de Compostela,[2][3] a cal recibiu 800 000 euros da Xunta de Galicia para desenvolver o proxecto.[4]

A súa simboloxía representa a unión de dous dos símbolos do camiño, como son o bastón e a cabaza, combinadas para facer unha personaxe de cor azul e verde, e calzada cunhas zapatillas azuis e vermellas. O nome de Xubi deriva do vocábulo xúbilo, facendo un xogo de palabras co xubileu.[5]

No seguinte Ano Xacobeo (2021) foi substituído por Cunchiña.[6]

Notas editar

  1. Cuíña, S. El Correo Gallego, ed. "‘Xubi’ jubila a ‘Pelegrín’ como mascota xacobea.". Arquivado dende o orixinal o 09 de marzo de 2016. Consultado o 13 de maio de 2016. 
  2. Salgado, Xurxo. Galicia Confidencial, ed. "A Igrexa tenta facerse coa mascota oficial do Xacobeo.". Consultado o 13 de maio de 2016. 
  3. Pampín, María. El País, ed. "La Iglesia crea su propia mascota para el Xacobeo.". Consultado o 13 de maio de 2016. 
  4. Burns, Walter. "A Xunta dalle 800.000 € ao arzobispado de Santiago.". Galicia Confidencial. Consultado o 13 de maio de 2016. 
  5. "Xubi, la nueva mascota religiosa de este año Xacobeo", artigo en La Voz de Galicia, 7 de xuño de 2010.
  6. Cordobés, Rebeca (1 de setembro de 2021). "Así es Cunchiña, la nueva mascota para el Xacobeo". Ven a Galicia (en castelán). 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar