Xotramu

Xogos Tradicionais de Muimenta

XOTRAMU (Xogos Tradicionais de Muimenta) é unha asociación cultural adicada á recuperación e posta en valor dos xogos tradicionais de Galicia. Ten a súa sede en Muimenta (Cospeito).

Xotramu
Tipoasociación cultural
Campo de traballocultura tradicional
Data de fundación2009
Na rede
https://xotramu.blogspot.com/
Facebook: xotramu.xogostradicionaismuimenta Twitter: xotramu Instagram: xotramu Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

A asociación Xogos Tradicionais de Muimenta naceu en 2009 da man de tres veciños: Manolo Vila[1], Xosé Lombardero[2] e Quico Darriba[3], de cara a recuperar e divulgar os xogos tradicionais galegos[4], coma a billarda[5], tiro de corda[6] ou zancos[7].

Ademais da celebración anual dunha xornada dedicada aos xogos tradicionais que adoita desenvolverse o primeiro domingo do mes de xuño, teñen realizado iniciativas coma a creación dun Museo das Zocas[8] e mais a recuperación, en Muimenta, do espazo da contorna da Igrexa Vella e de Escola de principios do século pasado[9].

Durante a pandemia de COVID-19 XOTRAMU non puido organizar a anual Feira de Xogos, mais no seu lugar desenvolveu no ano 2020 unha edición especial[10] divulgando testemuñas dos seus organizadores e exemplos de xogos representados nas casas das habituais acudintes.

Notas editar

  1. "Manuel Vila López | Galegos | Gallegos". galegos.galiciadigital.com (en castelán). Consultado o 2022-08-13. 
  2. "Xosé Lombardero, coordinador de Xotramu: «Poderase xogar de forma cómoda, divertida e segura»". La Voz de Galicia (en castelán). 2021-06-05. Consultado o 2022-08-13. 
  3. Lugo, El Progreso de (2011-02-22). "José Darriba Pérez: Recollemos polas casas fotos e datos da historia da vila". El Progreso de Lugo (en castelán). Consultado o 2022-08-13. 
  4. "Os nosos xogos". Consultado o 2022-08-13. 
  5. "A billarda". Consultado o 2022-08-13. 
  6. "Tiro de corda". Consultado o 2022-08-13. 
  7. "Os zancos". Consultado o 2022-08-13. 
  8. Redacción (2019-03-23). "Muimenta xa ten o seu gran museo das zocas". Lugo Xornal. Consultado o 2022-08-13. 
  9. Roldán, Alberto García. "GALICIA PUEBLO A PUEBLO: CAMPO DE LA IGLESIA VIEJA DE MUIMENTA, COSPEITO". GALICIA PUEBLO A PUEBLO. Consultado o 2022-08-13. 
  10. "Xotramu 2020". xotramu2020.blogspot.com (en castelán). Consultado o 2022-08-13. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar