Xosé Manuel Soutullo

editor galego

Xosé Manuel Soutullo España, nado en Vigo o 4 de febreiro de 1956, é un editor galego.

Infotaula de personaXosé Manuel Soutullo
Biografía
Nacemento4 de febreiro de 1956 Editar o valor em Wikidata (68 anos)
Vigo, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióneditor literario Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua galega Editar o valor em Wikidata

Facebook: xosemanuel.soutullo LinkedIn: xosé-manuel-soutullo-55093a88 Dialnet: 1690583 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Vinculado coa Editorial Galaxia durante máis de corenta anos, coordinou equipos de correctores, lingüistas, maquetación, probas e deseño. Tamén traballou en Mar Maior (Galaxia, en castelán e portugués brasileiro), Merlín Comunicación (outros produtos de Galaxia).[1][2]

Coordinou exposicións como a de Fermín Penzol, Unha obra para un país, de 2013; Francisco Fernández del Riego, Cos ollos do seu espírito, de 2013 ou 60 obras para 60 anos polo aniversario da Fundación Penzol en 2023. Desde 1989 foi secretario de dirección do Consello de Redacción de Grial, Revista Galega de Cultura, ata 2019. Tamén formou parte do seu Consello Asesor, e desde o 17 de xuño de 2022 tamén do Consello de Administración. En 2023 tamén era director da Fundación Penzol e conselleiro de Galaxia.[1][2]

En outubro de 2023 o Consello de Administración da Editorial Galaxia nomeouno Director Xeral da editora, substituíndo no cargo a Francisco Castro.[3]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 "Xosé Manuel Soutullo, novo director xeral da Editorial Galaxia após a saída de Francisco Castro". Nós Diario. 2023-10-20. Consultado o 2023-10-20. 
  2. 2,0 2,1 "Galaxia elixe a un home da casa para dirixir a editorial". Galicia Confidencial. Consultado o 2023-10-20. 
  3. "Xosé Manuel Soutullo, novo director xeral da editorial Galaxia". Diario de Pontevedra. 2023-10-20. Consultado o 2023-10-20. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar