Xosé Luís López Cid

profesor e escritor galego


Xosé Luís López Cid, nado en Ourense en 1916 e finado en Bueu o 4 de agosto de 1992,[1] foi un profesor e escritor galego.

Infotaula de personaXosé Luís López Cid
Biografía
Nacemento1916 Editar o valor em Wikidata
Ourense, España Editar o valor em Wikidata
Morte4 de agosto de 1992 Editar o valor em Wikidata (75/76 anos)
Bueu, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritor , catedrático Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá e lingua galega Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Colaborou na revista Espartaco. Licenciado en Filosofía e Letras pola Universidade de Santiago de Compostela, foi profesor de Lingua e Literatura Española no Colexio Cardenal Cisneros e despois no Instituto das Lagoas. Amigo de Vicente Risco e José Ángel Valente, estivo vencellado ao Ateneo, á Alianza Francesa e á revista do Instituto das Lagoas Trebo, que fundou e dirixiu desde 1982.

Obras editar

En galego editar

Escribiu relatos breves como "O cazador de paxaros" (Vieiros, 1965).

  • Eilbrief (premio do I Concurso de obras teatrais de Abrente).
  • Os cazadores de dotes, Posío, 1954.

En castelán editar

  • Historias de Finisterre, 1947.
  • Los años del potro, 1949.
  • Crisópolis, 1956 (premio Ateneo de Madrid 1956).
  • El descielo, 1957.
  • Edipo abandonado y otras farsas, Deputación de Ourense, 1992.
  • El descielo y otras historias, 1996.

Notas editar

  1. La Voz de Galicia, 6-8-1992, p. 49.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar