Xosé Gambino

escultor galego

Xosé Gambino, nado no Faramello (Ribasar, Rois) o 14 de maio de 1719 e finado en Santiago de Compostela o 24 de agosto de 1775, foi o máximo expoñente da escultura rococó en Galicia.

Infotaula de personaXosé Gambino
Biografía
Nacemento14 de maio de 1719 Editar o valor em Wikidata
Pazo do Faramello, España Editar o valor em Wikidata
Morte24 de agosto de 1775 Editar o valor em Wikidata (56 anos)
Santiago de Compostela, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónescultor , imaxineiro Editar o valor em Wikidata
MovementoRococó Editar o valor em Wikidata
AlumnosXosé Ferreiro Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
ParentesXosé Ferreiro (xenro) Editar o valor em Wikidata


San Roque de Gambino na capela do Hospital de San Roque en Santiago de Compostela.

Traxectoria editar

Naceu no pazo do Faramello. Colaborou con Fernando de Casas Novoa na fachada do Obradoiro. Os franciscanos encargáronlle unha figura de santo Antón para o convento de San Francisco de Herbón, onde innovou a iconografía galega co neno nun só brazo. Máis tarde, neste mesmo convento, tallou as imaxes da Virxe, san Xosé, san Francisco, san Miguel, san Rafael e Santiago Peregrino. Realizou as imaxes para o retablo da capela do pazo de Oca. En 1753 traballou no mosteiro de Oseira.

É emblemático o seu Santiago peregrino da sala capitular da basílica compostelá e as súas imaxes de Santiago Matamouros (na propia catedral e no frontón do Pazo de Raxoi). Salienta tamén un san Roque na capela compostelá do mesmo nome.

Grandes mosteiros como o de Sobrado dos Monxes[1] e San Martiño Pinario reclamaron tamén os seus servizos. Con el formouse o grande escultor galego do período seguinte Xosé Ferreiro, xenro seu.

Notas editar

  1. "Donativo de dos esculturas procedentes del extinguido monasterio de Sobrado". Boletín da Real Academia Galega (141): 327–328. 1921. Arquivado dende o orixinal o 14 de febreiro de 2023. Consultado o 16 de maio de 2023. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar