Xosé Estévez

Historiador galego

Xosé Estévez Rodríguez, nado en Quiroga o 29 de agosto de 1943, é un historiador galego.

Infotaula de personaXosé Estévez

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(es) Xosé Estévez Rodríguez Editar o valor em Wikidata
29 de agosto de 1943 Editar o valor em Wikidata (80 anos)
Quiroga, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
ResidenciaOiartzun Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Formación profesionalEstudos Eclesiáticos, Filosofía e Letras
EducaciónUniversidade Complutense de Madrid Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónhistoriador Editar o valor em Wikidata
EmpregadorUniversidade de Deusto
Nazaret Fundazioa Editar o valor em Wikidata
Xénero artísticoEnsaio
LinguaLingua galega e lingua castelá Editar o valor em Wikidata

Bitraga: 2788 AELG: 133 Dialnet: 153143

Traxectoria editar

Diplomado en Estudos Eclesiásticos, Seminario Maior Diocesano de Lugo, licenciado en Filosofía e Letras pola Universidade Complutense de Madrid en 1973, e doutor en Historia pola Universidade de Deusto, en 1990.

Primeiro foi crego, un crego atípico, moi lembrado pola banda da Fonsagrada, que non cobraba nos enterros e participaba como un veciño máis en todos os traballos comunais. Secularizouse e fíxose historiador. Máximo especialista en Galeusca.[1]

Trasladouse en 1973 ao País Vasco segundo as súas sus propias palabras "pola agradable chaamada do amor e o duro imperativo do traballo". Tivo dous fillos, e unha filla falecida en 2006.[2]

Profesor na Universidade de Deusto, Campus de Donostia, de Historia Moderna desde 1973, de Historia Moderna e Contemporánea do País Vasco desde 1993, de Nacionalismos e Rexionalismos desde 1995, de Sociedade e Cultura na España Contemporánea desde 1999 e de Historia da España Actual tamén desde 1999 ata a súa xubilación. Tamén exerceu a docencia como profesor titular de FP-2 e de Bacharel LOGSE no Centro Nazaret, da Fundación Kutxa.[3]

Socio de número da Real Sociedade Bascongada de Amigos do País, desde 1987, colaborador da Gran Enciclopedia Ilustrada do País Vasco e dos periódicos Deia, Gara e A Nosa Terra.

Grande amigo de Manuel María, publicou un estudo sobre a súa relación con Euskal Erria.[4]

En 2017 foi o duodécimo Premio Galiza Mártir.[5]

Obra en galego editar

Ensaio editar

  • Impenitencias Galeuzcanas (1992). Ediciós do Castro.
  • Manuel Martínez Murguía. De estirpe vasca e berce do nacionalismo galego/Manuel Martinez Murguia. Euskal jatorrikoa eta Galiziako Abertzaletasunaren Aintzindari (2000). Gipuzkoako Foru Aldundia, Kultura, Euskara, Gazteria eta Kirol Departamentua. En galego e éuscaro.
  • Castelao e o Galeuzca (2002). Laiovento.
  • A Lagoa da memoria (2002). Trintxerpe. Guipúscoa: Fato Cultural Galego Daniel Castelao.
  • Un crego atípico na Fonsagrada 1967-69 (2014). Museo da Fonsagrada.
  • Da Galiza ao Galeusca. Memorias dun nacionalista e investigacións sobre as relacións entre Galiza, Euskadi e Catalunya (2020). Instituto Galego de Historia, Monografías.[6]
  • O Val de Quiroga e Galiza na saudade do corazón (2020).[7]
  • A presenza de Castelao en Euskadi (2021). Noia: Toxosoutos. 303 páxs. ISBN 978-84-123409-7-6

Obras colectivas editar

Obra en castelán editar

Ensaio editar

  • Cultura Vasca (I) (1977).
  • Euskal Herría. Historia y Sociedad (1985).
  • Historia del País Vasco (Siglo XVIII) (1985).
  • La Autodeterminación de los Pueblos. Un reto para Euskadi y Europa (1985).
  • Leizaola, la lealtad del viejo roble (1989).
  • De la Triple Alianza al Pacto de San Sebastián (1923-1930). Antecedentes del Galeuzca (1991). Universidade de Deusto = Deustuko Unibertsitatea, Servizo de Publicacións = Argitalpen Zerbitzua
  • Antología del Galeuzca en el exilio (1939-1960) (1992).
  • El Nacionalismo Vasco y los Congresos de Minorías nacionales de la Sociedad de Naciones (1916-1936) (1992).
  • Ideología y Nacionalismo (1992).
  • El Pueblo Vasco en el Renacimiento (1491-1521) (1994).
  • Galeuzca (1994).
  • Ehun Urte Euskal Herrian. Desarrollo nacional y social en el Siglo XX (1995).
  • Historia de Euskal Herria. II. Del hierro al roble (1996).
  • Las Juntas Generales de Gipuzko, (1996).
  • Negociar (2000).
  • El Contexto histórico-estructural de El Quijote (2005). Universidade de Deusto = Deustuko Unibertsitatea, Servizo de Publicacións = Argitalpen Zerbitzua.
  • Galeuzca. La periferia contra el páramo (Nabarralde, 2023).[8]

Obra en éuscaro editar

Ensaio editar

  • Galiziako Historia (Finisterreko oroimena) (1994) Gaiak, D.L.

Notas editar

  1. Souto, Xurxo (2020/07/17). "Volver a Quiroga". Nós Diario. 
  2. "Xoxe Estévez: “Este país me ha enseñado el valor de la identidad originaria y adoptiva". eh11kolore (en castelán). 26 de decembro de 2012. Arquivado dende o orixinal o 17 de agosto de 2016. 
  3. "Xosé Estévez Rodríguez Galegos Gallegos". galegos.galiciadigital.com. Consultado o 2020-07-17. 
  4. Estévez, Xosé. "Manuel María e Euskal Herria". Arquivado dende o orixinal o 19 de xullo de 2020. Consultado o 17 de xullo de 2020. 
  5. "El investigador Xosé Estévez Rodríguez recibirá el Premio Galiza Mártir". La Voz de Galicia (en castelán). 2017-08-14. Consultado o 2020-07-17. 
  6. "“Da Galiza ao Galeuzca”. Novo libro de Xosé Estévez". www.revistamurguia.com. 2020-07-09. Consultado o 2020-07-17. 
  7. XMF (2020-07-16). "Dobre presentación literaria de Xosé Estévez como homenaxe a Quiroga e a Galiza". Xornal de Lemos. Consultado o 2020-07-17. 
  8. Harri X. Fernández (19 de maio de 2023). "“Si vascos, catalanes y gallegos se hubiesen unido a la caída del franquismo, se habría logrado un Estado confederal”". Nabarralde (en castelán).