Xaquina Trillo

mestra e escritora galega
(Redirección desde «Xoaquina Trillo Sánchez»)

Xaquina Trillo Sánchez, nada en Vilagarcía de Arousa en 1916 e finada en 2004,[1] foi unha mestra e escritora galega.

Infotaula de personaXaquina Trillo
Biografía
Nacemento1916 Editar o valor em Wikidata
Vilagarcía de Arousa, España Editar o valor em Wikidata
Morte2004 Editar o valor em Wikidata (87/88 anos)
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmestra , escritora Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua galega Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Filla dun galeguista liberal que foi concelleiro en Vilagarcía de Arousa. Durante a República colaborou como mestra en actividades de extensión cultural. Colaborou na sección "O Recanto da Muller" de A Nosa Terra. Despois da guerra tivo varios destino até que aprobou as oposicións e foi destinada a Marineda. Na década dos oitenta afiliouse ao Partido Galeguista. Publicou poemarios pasados os sesenta anos.

Obras editar

  • Ceibos, 1980.
  • Xanela aberta, 1981.
  • Tempos idos, 1983.
  • Védelos ei van, 1985.
  • A rosa dos ventos, 1989.
  • Compostela i as camelias, 1993.

Notas editar

Véxase tamén editar

Bibliografía editar