Xoán de Aragón (arcebispo de Zaragoza, 1520-1530)

Arcebispo de Zaragoza, fillo de Alonso de Aragón e neto de Fernando el Catolico

Xoán de Aragón, nado en Zaragoza contra 1492 e finado en Madrid o 25 de novembro de 1530, foi un relixioso español, que foi arcebispo de Zaragoza desde 1520 até 1530.

Infotaula de personaXoán de Aragón
Biografía
Nacementoc. 1491 Editar o valor em Wikidata
Zaragoza Editar o valor em Wikidata
Morte25 de novembro de 1530 Editar o valor em Wikidata (38/39 anos)
Madrid Editar o valor em Wikidata
60º Arcebispo de Zaragoza
28 de marzo de 1520 – 25 de novembro de 1530
← Afonso de AragónFradique de Portugal (pt) Traducir →
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
RelixiónIgrexa católica Editar o valor em Wikidata
Actividade
OcupaciónSacerdote católico de rito romano Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Familia
PaiAfonso de Aragón Editar o valor em Wikidata
IrmánsHernando de Aragón (pt) Traducir, Juana de Aragón y Gurrea (en) Traducir e Ana de Aragón y Gurrea (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
ParentesFernando II de Aragón (avó paterno) Editar o valor em Wikidata
Escudo do arcebispado de Zaragoza.

Coñécese tamén como Xoán II de Aragón, xa que na arquidiocese cesaragustana houbo outro arcebispo anterior co mesmo nome, Xoán I de Aragón,[1] fillo ilexítimo de Xoán II de Aragón e duna dama da familia Avellaneda, que pontificou entre 1458 e 1475.[2]

Traxectoria editar

Era fillo de Afonso de Aragón (1470-1520), fillo natural de Fernando o Católico, que foi arcebispo de Valencia e de Zaragoza, e vicerrei do Reino de Aragón e, por tanto, neto daquel rei.[3] [4]

Xoán foi secretario do seu avó, o rei Católico, na última parte do reinado deste, entre 1510 e 1516.[Cómpre referencia]

En 1520, o rei Carlos I presentouno ao papa León X para que fose promovido ao arcebispado de Zaragoza, vacante tras a morte de seu pai Afonso, a pesar de que, tal como ocorrera no caso paterno, Xoán de Aragón só tomara as ordes de diácono. Despois da pertinente autorización do papa, tomou posesión da dignidade arcebispal o 10 de xuño dese mesmo ano.[4]

Na Corte arcebispal de Zaragoza, e baixo a protección de Xoán de Aragón, comezou a súa carreira eclesiástica e cortesá o seu sobriño, o futuro San Francisco de Borja.[3] [5]

O 23 de marzo de 1523 chegou de visita a Zaragoza o papa Hadrián VI, que permaneceu varios día aloxado no Palacio da Aljafería, e o arcebispo Xoán de Aragón agasallouno e organizou fastuosas festas durante a estancia do papa na capital aragonesa.[4]

A morte sorprendeuno en Madrid, onde se encontraba esperando instrucións do emperador, de quen foi un leal colaborador en materia de goberno e de relixión.[2]

O seu cadáver foi trasladado a Zaragoza, ao Mosteiro de Santa Engracia, para ser traladado e sepultado despois no presbiterio, diante do altar maior, da catedral de Zaragoza.[4]

Predecesor:
Afonso de Aragón
 
Arcebispo de Zaragoza

28 de marzo de 1520 - 25 de novembro de 1530
Sucesor:
Fadrique de Portugal

Notas editar

  1. Archidiócesis de Zaragoza. docesis-episcopologio Arquivado 02 de outubro de 2017 en Wayback Machine..
  2. 2,0 2,1 Aragón, Juan de (1429-1475) en mcnbiografias.com
  3. 3,0 3,1 Morales Roca, Francisco Javier (1999): Prelados, abades mitrados, dignidades capitulares y caballeros de las Órdenes Militares habilitados por el brazo eclesiástico en las Cortes del Principado de Cataluña. Dinastías de Trastámara y de Austria. Siglos XV y XVI (1410-1599). Tomo I. Madrid: Hidalguía. ISBN 84-8085-115-8, páx. 89.
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 Latassa & Uriel 1884, p. 119.
  5. Sebastián Lozano 2011.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar