Xoán XII, nado en Roma cara ao 937 e finado o 14 de maio de 964, foi o Papa nº 132 da Igrexa católica.

Infotaula de personaXoán XII, papa

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacementoc. 937 Editar o valor em Wikidata
Roma Editar o valor em Wikidata
Morte14 de maio de 964 Editar o valor em Wikidata (26/27 anos)
Roma Editar o valor em Wikidata
Causa da morteIctus Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaBasílica de San Xoán de Latrán Editar o valor em Wikidata
130º Papa
16 de decembro de 955 – 14 de maio de 964 (Gregoriano)
← Agapito IIBieito V → Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
RelixiónIgrexa católica Editar o valor em Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Roma
Estados Pontificios Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónsacerdote católico , gobernante , escritor Editar o valor em Wikidata
Influencias
LinguaLingua latina Editar o valor em Wikidata
Outro
TítuloConde Editar o valor em Wikidata
PaisAlberico di Roma Editar o valor em Wikidata  e Alda da Itália (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata

WikiTree: Spoleto-44
Otón I e Xoán XII

Traxectoria editar

Foi fillo ilexítimo de Alberico II e, polo tanto neto da famosa prostituta Marozia (amante de Serxio III) e neto da meretriz Teodora, foi imposto polo seu pai antes da súa morte en 954, e elixido Papa trala morte de Agapito II.

De nome Octaviano, tiña no momento da súa elección menos de dezaoito anos e unha nula formación, tanto mundana como relixiosa. Ó acceder ó pontificado tomou o nome de Xoán XII, sendo o segundo Papa en mudar o seu nome despois de Xoán II.

Durante o seu pontificado, considerado como un dos máis nefastos da historia da Igrexa pola catadura moral do pontífice, o rei de Italia Berengario II intentou estender a súa soberanía sobre territorios da Igrexa, o que impulsou a Xoán XII a solicitar en 960 a axuda do rei alemán Otón I, ofrecéndolle como recompensa a coroa imperial.

Otón penetrou en Italia e tomou Pavia, cidade que xa tomara durante o pontificado de Agapito II, pero nesta ocasión dirixiuse inmediatamente a Roma, onde foi coroado emperador o 2 de febreiro de 962, facendo que tanto o Papa como o pobo romano lle prestasen xuramento de fidelidade. Con esta coroación naceu o Sacro Imperio Romano Xermánico.

Xoán XII e Otón I rubricaron a súa alianza o 13 de febreiro dese mesmo ano no documento coñecido como Privilegium Othonis, polo que o emperador confirmaba as doazóns territoriais feitas á Igrexa desde o reinado de Pipino o Breve a cambio da aplicación da coñecida Constitutio Lotharii, documento firmado en 824 polo papa Uxío II e o emperador Lotario I, que establecía que ningún papa sería consagrado ata que a súa elección fose aprobada polo emperador de Occidente, que o emperador exercía o máis alto poder xudicial sobre Roma, e onde se prestaba xuramento de lealdade entre Roma e o Imperio.

Este pacto mantívose só durante o tempo que Otón permaneceu en Roma, xa ó abandonar Italia, Xoán XII rompeu o xuramento de fidelidade e buscou alianzas cos bizantinos, os húngaros e os príncipes italianos para desembarazarse do flamante emperador.

Otón reaccionou cunha nova marcha militar sobre Roma, que obrigou a Xoán XII a fuxir da cidade. O emperador convocou un concilio en San Pedro en novembro de 963, no que depuxo ó Papa acusándoo de vicios como o incesto, perxurio, homicidio e sacrilexio, imputacións completamente fundadas.

Inmediatamente despois foi elixido para substituílo o secretario do emperador, León, un segrar que recibiu as ordes sagradas ese mesmo día e que tomou o nome de León VIII.

Xoán XII, que na súa fuxida levara o tesouro da Igrexa, organizou un exército co que regresou a Roma en febreiro de 964, unha vez que Otón regresara a Alemaña. Convocou un concilio que depuxo ó fuxido León VIII e dedicou os últimos días da súa existencia a vingarse dos seus opositores, o que motivou que Otón regresase novamente a Roma, aínda que ó chegar xa falecera Xoán XII.

Xoán XII faleceu o 14 de maio de 964, ó parecer asasinado por un marido que sorprendera ó Papa no leito da súa muller, aínda que outra versión di que morreu de apoplexía en pleno acto sexual.

Informes do seu tempo concordan co seu desinterese no espiritual, a súa afección a paceres groseiros e a súa vida disoluta sen inhibicións.


 
 Este artigo sobre Papas é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.