Xoán II de Brabante
Xoán II de Brabante, chamado o Pacífico, nado o 27 de setembro de 1275 e finado en Tervuren o 27 de outubro de 1312, foi duque de Brabante e de Limburgo de 1294 ata a súa morte. Foi fillo de Xoán I de Brabante e de Margarida de Dampierre.
Xoán II de Brabante | |
---|---|
Duque de Brabante e de Limburgo | |
Xoán II de Brabante segundo un gravado de finais do século XVI | |
Reinado | 1294 - 1312 |
Nacemento | 27 de setembro de 1275 |
Falecemento | 27 de outubro de 1312 Tervuren |
Predecesor | Xoán I de Brabante |
Sucesor | Xoán III de Brabante |
Casa real | Casa de Reginar |
Proxenitores | Xoán I de Brabante Margarida de Dampierre |
Na rede | |
Traxectoria editar
En 1290 casou na abadía de Westminster con Margarida de Inglaterra, filla de Eduardo I, e de Leonor de Castela. Este concerto matrimonial inscribíase nun conxunto de alianzas ideado por Eduardo para dispor de apoios no seu enfrontamento co rei de Francia Filipe IV o Fermoso.[1]
A participación de Xoán, duque desde 1394, na liga contra Francia encabezada por Eduardo, con Guido de Dampierre, conde de Flandres e outros señores foi, con todo, sumamente dubitativa, e en 1300 a alianza quedou disolta polas vacilacións dos seus compoñentes antes de lanzar o ataque. Desde o primeiro momento houbo de facer fronte ademais a revoltas internas e tumultos nas cidades, promovidos polos grupos burgueses enriquecidos coa industria e o comercio paneiro, que reclamaban acabar cos privilexios do patriciado urbano.[2] Anveres, Malinas, Bolduque, Lovaina e por último Bruxelas en 1306 se amotinaron sucesivamente e momentaneamente lograron expulsar delas aos patricios.
Sometidas as cidades desencadeouse unha onda de persecucións contra os xudeus, protexidos polo duque que percibía os seus impostos.[3]
Angustiado polas débedas e gravemente enfermo do mal de pedra, en 1312 convocou en Kortenberg á nobreza e os representantes das cidades, nas que persistían as mostras de descontento. O resultado da reunión foi a aprobación da Carta de Kortenberg que limitaba a imposición de novas cargas fiscais, establecía mecanismos de control da xustiza e recoñecía ás cidades os seus privilexios e dereito consuetudinario, ademais de crear un consello no que estarían presentes membros da nobreza e do pobo.[4]
Morreu o 27 de outubro de 1312, ao mes de asinar a Carta, deixando como herdeiro a un fillo único home de pouco máis de doce anos, Xoán III.
Notas editar
Véxase tamén editar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Xoán II de Brabante |
Bibliografía editar
- Van Hasselt, André e Van Hasselt, M., Historia de Béljica e Holanda, Madrid-Barcelona, Imprenta do Imparcial, 1884.
- Wauters, Alphonse, «Jean II», Académie royale de Belgique, Biographie nationale, vol. 10, Bruxelles, 1889, p. 216-237.
Predecesor: Xoán I |
Duque de Brabante e Limburgo 1294 - 1312 |
Sucesor: Xoán III |