Xixona[1] (en valenciano: Xixona, en castelán: Jijona, as dúas denominacións cooficiais) é un concello do País Valenciano, situado na comarca do Alacantí, na provincia de Alacant. É famoso por ser o lugar onde se produce o doce de Nadal do turrón, tanto a variedade de Xixona como a de Alacant. Ten 7.575 habitantes (INE 2008).

Modelo:Xeografía políticaXixona
Imaxe

Localización
lang=gl Editar o valor em Wikidata Mapa
 38°32′21″N 0°30′29″O / 38.539166666667, -0.50805555555556Coordenadas: 38°32′21″N 0°30′29″O / 38.539166666667, -0.50805555555556
EstadoEspaña
Comunidade autónomaComunidade Valenciana
ProvinciaProvincia de Alacant
Comarcas da Comunidade ValencianaAlacantí Editar o valor em Wikidata
CapitalJijona (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Contén a división administrativa
Jijona (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Poboación
Poboación7.032 (2023) Editar o valor em Wikidata (42,94 hab./km²)
Lingua oficiallingua catalá (lingua predominante) Editar o valor em Wikidata
Xeografía
Superficie163,76 km² Editar o valor em Wikidata
Altitude453 m Editar o valor em Wikidata
Comparte fronteira con
Organización política
• Alcalde Editar o valor em WikidataFerran Josep Verdú Monllor Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Código postal03100 Editar o valor em Wikidata
Fuso horario
Código INE03083 Editar o valor em Wikidata
ARGOS ID (en) Traducir03083 Editar o valor em Wikidata

Sitio webxixona.es Editar o valor em Wikidata
Facebook: ajuntamentdeXixona Editar o valor em Wikidata

Xeografía editar

Atópase situada a 25 km ao norte de Alacant. No seu termo municipal atópanse tamén a montaña e o porto da Carrasqueta, paso natural para comunicar Alacant con Alcoi. Polo suroeste do termo pasa o río Montegre, que proveniente do pantano de Tibi diríxese cara á Horta de Alacant. Ao seu paso polo municipio xixonenco atópase a pequena pedanía de Montnegre. A súa montaña máis alta é "La Carrasqueta" con 1.300 metros de alzada (1.020 metros ao paso da estrada N-340).

O termo municipal está poboado de inmensas fragas de piñeiros e carrascas en altas montañas de máis de 1.000 msnm, o que dá lugar a vistas de vales e barrancos en vertical, así como do mar Mediterráneo debido á súa proximidade; con todo, outras partes do seu termo municipal, as máis próximas á costa, sofren dunha desertización preocupante.

Demografía editar

Xixona ten 7.575 habitantes (INE 2008).

Evolución demográfica de Xixona[2]
1857 1887 1900 1910 1920 1930 1940 1950 1960 1970 1981 1991 2000 2006 2008
Poboación 6.028 6.212 6.901 7.323 6.862 6.059 6.942 5.729 6.383 8.117 8.816 7.867 7.337 7.596 7.575

A poboación flutúa segundo a estación do ano; no verán o número de habitantes é menor.

Economía editar

Tradicionalmente, a economía xixonenca baseouse nunha dualidade entre a produción e comercialización de xeados no verán e a de turrón en inverno, complementada pola agricultura de secaño, na cal destacaba o cultivo da amedoeira, cuxo froito é materia prima para o turrón. Durante os séculos XIX e XX, foi natural que durante gran parte do ano moitos xixonencos se atopasen repartidos por todo o mundo, coma por exemplo en Cuba e outras partes de Iberoamérica vendendo os seus xeados e turróns. Existen moitas marcas artesás e fábricas de turrón.

Monumentos e lugares de interese editar

  • El Castell: un castelo, edificio de interese arquitectónico, onde destaca a súa Torre Grossa.
  • Convent del Orde dels Pares Franciscans: edificio de interese arquitectónico barroco e neoclásico.
  • Ermida de Santa Bàrbara.
  • Igrexa de Santa Maria.
  • Museo do Turrón, onde se conservan lembranzas da familia Sirvent Selfa fundadora das marcas El Lobo e 1880.

Festas editar

Celébranse festas de Mouros e cristiáns na segunda quincena de febreiro. Estes Mouros e Cristiáns son tamén chamados "Festas dos Xeadores".

As festas patronais da localidade, tamén de Mouros e Cristiáns, celébranse en agosto, na fin de semana máis achegada ao día 24, San Bertomeu, co-patrono de Xixona xunto a Sant Sebastià.

Ligazóns externas editar

Notas editar

  1. Benigno Fernández Salgado (edición) (2004). Editorial Galaxia, ed. Dicionario Galaxia de usos e dificultades da lingua galega. p. 1296. ISBN 9788482887524. 
  2. Fonte: Poboación de feito segundo o Instituto Nacional de Estadística. Alteracións dos municipios nos Censos de Poboación dende 1842 Arquivado 11 de marzo de 2009 en Wayback Machine. Series de poboación dos municipios dende 1996. Arquivado 18 de abril de 2010 en Wayback Machine.