Xirobicúpula cadrada alongada

En xeometría, a xirobicúpula cadrada alongada é un dos sólidos de Johnson (J37). Como o seu nome indica, realízase alongando unha xirobicúpula cadrada (J29) e inseríndolle un prisma octogonal entre as súas dúas metades. O sólido que resulta é localmente regular polos seus vértices, o que é único entre os sólidos de Johnson, pero os seus vértices non son realmente uniformes polo que non constitúe un sólido de Arquimedes. O sólido pódese ver tamén como resultado da torsión das cúpula cadrada (J4) sobre un rombicuboctaedro (un dos sólidos de Arquimedes) de 45 graos; por esta semellanza tamén recibe o nome de pseudorombicuboctaedro.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar