A xihad[1][2] (do árabe: جهاد‎ [gihād]) é un concepto esencial da relixión islámica cuxa tradución literal é exercer esforzo máximo. Pode tamén ser entendida como unha loita mediante a vontade persoal de se buscar e conquistar a fe perfecta. Ao contrario do que moita xente pensa, xihad non significa "Guerra Santa", nome dado polos europeos ás loitas relixiosas na Idade Media (por exemplo: Cruzadas).[Cómpre referencia] Aquel que segue a Xihad é coñecido como Muxahid.

David durante a súa Xihad contra Goliath segundo o Corán (versos 2:249 A 2:252).

O Corán non describe ningunha das dúas formas de Xihad, que son unha invención de Al-Ghazali (1058-1111): Unha, a "Xihad Maior", é descrita como unha loita do individuo consigo mesmo polo dominio da alma; e a outra: a "Xihad Menor", é descrita como un esforzo que os musulmáns fan para levar a mensaxe do islam aos que non teñen consciencia da mesma (ou sexa, aqueles que non se submeten a Deus e á paz).

Hai opinións diverxentes respecto das formas de acción que son consideradas Xihad. A Xihad só pode ser trabada para defender o islam. Porén, algúns grupos pensan que isto ten aplicación non só na defensa física dos musulmáns, mais tamén na reclamación de terra que en tempos pertenceu a musulmáns ou a protección do islam contra aquilo que eles ven como influencias que "corrompen" a vida musulmá. A idea da Xihad como unha guerra violenta é unha idea creada por Occidente.[Cómpre referencia] De acordo coas formas comúns do islam, se unha persoa morre en Xihad, é enviada directamente para o paraíso, sen punición ningunha polos seus pecados.

De acordo co sociólogo sirio-alemán especialista no islam, el mesmo un musulmán sunita, Basan Tibi, o fenómeno do fundamentalismo islámico é unha forma de oportunismo político dalgúns grupos, que se aproveitan da noción de Xihad, desvirtuando o islam para tornalo un factor de acción política en proveito propio.

Notas editar

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para Xihad.
  2. "xihad". TERGAL. Consultado o 26/12/2019.