Xenófanes de Cólofon

Xenófanes de Cólofon, nado en Colofón, na Xonia, contra o 570 a.C. e finado contra o 460 a.C., foi un filósofo grego.

Infotaula de personaXenófanes de Cólofon

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(grc) Ξενοφάνης ὁ Κολοφώνιος Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento560 a. C. Editar o valor em Wikidata
Cólofon (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte478 a. C. Editar o valor em Wikidata (81/82 anos)
Siracusa Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
RelixiónDeísmo Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoFilosofía Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónfilósofo , poeta elexíaco , escritor , epigramatista , poeta , teólogo Editar o valor em Wikidata
Período de tempoPresocráticos Editar o valor em Wikidata
MovementoPresocráticos e filosofía antiga Editar o valor em Wikidata
AlumnosParménides de Elea Editar o valor em Wikidata
LinguaGrego antigo Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Deixou cedo a súa cidade para levar unha vida errante en calidade de rapsodo. Crese que pasou algún tempo en Sicilia e tamén en Elea. Segundo a tradición, Xenófanes tería sido mestre de Parménides de Elea. Escribiu unicamente en versos, en oposición aos filósofos xonios como Tales de Mileto, Anaximandro de Mileto e Anaxímenes de Mileto.

Da súa obra restaron un centena de versos. A súa concepción filosófica destácase polo combate do antropomorfismo, afirmando que se os animais tivesen o don da pintura, representarían os seus deuses en forma de animais, ou sexa, á súa propia imaxe.

As súas críticas á relixión non tiñan como obxectivo un ataque pleno a ela, senón "dar ao divino unha pura e elevada idea: o verdadeiro deus é único, con poder absoluto, clarividencia perfecta, xustiza infalible, maxestade inmóbel; que en pouco se asemella aos deuses homéricos sempre a deambular polo mundo baixo o imperio das paixóns", ou sexa: só existe un deus único, en nada semellante aos homes, que é eterno, non-xerado, inmóbel e puro.

Datos biográficos editar

Filósofo, poeta, sabio e pensador relixioso. Fundador da escola de Elea. Adversario do antropomorfismo dos poetas, dedicouse a demostrar a unidade e a perfección de Deus. A súa doutrina é un panteísmo idealista que ve unha unidade en toda a materia. É probable que Xenófanes se exiliase de Grecia polos persas que conquistaron Colofón no 546 aC. Despois de vivir algún tempo en Sicilia e de levar unha vida errante a través do Mediterráneo, estableceuse en Elea, no sur da Italia.
De aceptar a veracidade dos seus versos, Xenófanes viviu noventa e dous anos, como el mesmo transcribe nese treito:

Xa sesenta e sete anos pasaron

Facendo vagar o meu pensamento pola terra da Hélade;
Do meu nacemento ata entón vinte e cinco hai máis,

Se é que eu sei falar con verdade sobre iso.

Xenófanes e a mitoloxía grega editar

Expresándose case sempre a través de poemas, os cales recitaba ao longo das súas andanzas, Xenófanes mostraba seu desprezo polos deuses-antropomorfos que eran adorados na súa época e pola aceptación popular da mitoloxía de Homero e de Hesíodo.

“Todo aos deuses atribuíron Homero e Hesíodo,
Todo canto entre os homes merece repulsa e censura,
Roubo, adulterio e fraude mutua.”

Xenófanes atacaba a inmoralidade dos deuses e das eusas da mitoloxía grega, ridiculizaba a crenza na transmigración da alma e condenaba a luxuria. Defendía a sabedoría e os praceres sociais sen exceso.

“É de louvarse o home que, bebendo, revela actos nobres
Como a memoria que ten e o desexo de virtude.
Sen nada falar de Titáns, nin de Xigantes,
Nin de Centauros, ficcións criadas polos antigos.
Ou de loitas civís violentas, nas cales nada hai de útil.
Ter sempre veneración polos deuses, isto é bo.”

A Teoloxía de Xenófanes editar

Xenófanes é considerado pola maioría máis como un reformador relixioso que como un filósofo. Diferentemente de Anaximandro, que creou o concepto do a-peiron (ilimitado, indefinido), que buscaba na natureza intrínseca da materia a causa para todas as transformacións, Xenófanes dicía que o ser absoluto, esencia de todas as cousas, era o Un. E de acordo con Teofrasto, unha das fórmulas contidas nas ensinanzas de Xenófanes era: “Todo é o Un e o Un é Deus”.

Aristóteles no seu libro Metafísica relata:

Pois Parménides parece referirse ao Un segundo o concepto, e Meliso ao Un segundo a materia. Por iso aquel di que o Un é limitado, e este, que é ilimitado. Xenófanes, o primeiro a postular a unidade, nada esclareceu, nin parece que albiscase ningunha desas dúas naturezas, mais, dirixindo o ollar a todo o ceo, di que o Un é o Deus.

Consecuentemente, o concepto Deus é entón creado por Xenófanes como un ser máis alto, cunha identidade abstracta, e non posúe ningún atributo coñecido polos homes, e tampouco é semellante a estes - nin canto á figura, nin canto ao espírito.

A respecto diso, Clemente de Alexandría na súa obra Tapezarias conta:
"Mais se mans tivesen os bois, os cabalos e os leóns
E poidesen coas mans deseñar e crear obras como os homes,
Os cabalos semellantes aos cabalos, os bois semellantes aos bois,
Deseñarían as formas dos deuses e os corpos farían
Tales cales eles propios teñen."