Un xarope ou xaropada (do árabe شراب xarab a través do latín: sirupus) é un líquido de consistencia viscosa, que polo xeral contén solucións concentradas de azucres, como a sacarosa, en auga ou noutro líquido ás que se lles adoita engadir zume de froitas, herbas, ou un aromatizante.

Unha botella de xarope de pradairo.

Se se emprega auga purificada soamente para preparar unha solución de sacarosa, a preparación coñécese co nome de xarope simple.

Pola contra, se a preparación contén algún principio activo engadido emprégase o nome de xarope medicado.

Unha culler con xarope medicado (prometazina/codeína) coa súa cor púrpura característica.

Historia editar

Os xaropes úsanse dende hai moito tempo e antes de se descubrir o azucre preparábanse con mel. Os líquidos que habitualmente integran o xarope son a auga destilada, solucións extractivas, zumes e outros.

O seu emprego xeneralizouse amplamente porque enmascaran o sabor desagradábel dos fármacos e se conservan por máis tempo.

Propiedades xerais editar

  • Alta concentración de azucre (45-85%).
  • Densidade de 1.320 kg/m³ a 15 °C.
  • Viscosidade de 100 cp.
  • Preséntanse coma líquidos homoxéneos, transparentes, brillantes, incoloros ou corados, de sabor e recendo agradábel.

Vantaxes médicas editar

  • Adminístranse vía oral a nenos e vellos sen a capacidade de inxerir comprimidos e cápsulas.
  • Enmascaran o sabor desagradábel das menciñas.

Véxase tamén editar

Outros artigos editar