Xardín chinés

tipo de xardín

O xardín chinés é un estilo de xardín paisaxístico que evolucionou ao longo de tres mil anos. Inclúe tanto os vastos xardíns dos emperadores chineses e membros da familia imperial, construídos para o pracer e para impresionar, como os xardíns máis íntimos creados por estudosos, poetas, ex-funcionarios do goberno, soldados e mercadores, feitos para reflexión e a fuga do mundo exterior. A finalidade é crear unha paisaxe idealizada en miniatura, que pretende exprear a harmonía que debe existir entre o ser humano e a natureza.[1]

Xardín Yu, en Shanghai.

Características editar

Un xardín chinés típico está pechado por muros e acolle un ou máis estanques, esculturas, árbores e flores, así como varias estancias e pavillóns dentro do xardín, conectados por camiños sinuosos e galerías en zigzag. Ao movérense de estrutura en estrutura, os visitantes poden ver unha serie de escenas compostas coidadosamente, como desenrolando un rolo de pinturas de paisaxes.

Notas editar

  1. Michel Baridon, Les Jardins - paysagistes, jardiners, poḕts. p. 348

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar