Xardín Yuyuan

xardín en Shangai, República Popular da China

O Xardín Yuyuan (豫園 en caracteres tradicionais chineses) é un modelo da arquitectura clásica da República Popular da China en cidades xardín en excelente estado de preservación. Atópase en condicións de apertura a visitas no centro da cidade de Shanghai, no barrio de Anren Jie.[1]

Xardín Yuyuan, setembro de 2018. Ponte de acceso.

Historia editar

Contruíuse durante o reinado do Emperador da dinastía Ming Jiajing no ano 1559, como xardín privado dun funcionario público, Pan Yunduan, comisionado no traballo da administración da provincia de Sichuan. Documentouse que a súa construción buscaba o conforto de seu pai, en idade avanzada.[2]

Estrutura do parque editar

Cunha superficie de aproximadamente dúas hectáreas o xardín é internacionalmente coñecido polos seus grandes enfeites de pedra, que poden acadar os tres metros de altura. Túneis escarvados en xade chinés, o salón da primavera, a antiga sala da ópera e ducias de despachos, estudos e oficinas que conservan reliquias da arte da dinastía Ming. O xardín está poboado por diversas árbores senlleiras que acadan os 400 anos de idade. Hai diversos lagos espallados por toda a área do xardín. A madeira está presente nas construcións, alén dos constantes enfeites de plantas. O lume aparece no seu abundante uso da cor vermella como pintura para as columnas, portas, xanelas e detalles entallados nesas construcións típicas da dinastía Ming e Qin. Así mesmo no tipo de peixe que foi escollido para poboar os lagos, a especie Koi.[3]

Galería de imaxes editar

Notas editar

  1. "Xardín Yuyuan" Arquivado 01 de maio de 2019 en Wayback Machine.(en inglés)
  2. CM, Afonso (2017). Jardins do ocidente e do oriente: ordenamento ou recriação da paisagem. Paisagem e Ambiente, journals.usp.br. p. 132. 
  3. Arruda Campos, SH (2013). CHINA OUT OF THE BOX III. REU-Revista de Estudos Universitários, - periodicos.uniso.br. p. 538.