Xardín Botánico Ría do Burgo

xardín botánico no Burgo, Culleredo

Coordenadas: 43°18′58″N 8°21′46″O / 43.316, -8.36281

O Xardín Botánico Ría do Burgo e Aula da Natureza Juan Lembeye, é un xardín botánico duns 50.000 m² de extensión, pertencente ó concello de Culleredo.

Edificio do Xardín botánico da Ría do Burgo.

Localización editar

Atópase no paseo marítimo do Burgo en Culleredo, á beira da ría do Burgo, na provincia da Coruña.

Coleccións editar

No Xardín Botánico atópanse unha gran variedade de especies autóctonas e tamén se recrea un xardín ó estilo dos pazos galegos. Noutras parcelas proxectáronse pequenos xardíns tradicionais de distintas partes do mundo. Dispón tamén dun invernadoiro, un pequeno parque infantil e unha pequena lagoa que se enche coa subida da marea xa que está conectada á ría.

No seu interior está a Aula da Natureza que é utilizada para diferentes actividades como exposicións, concertos, diferentes cursos de temática medioambiental etc.

Galería de imaxes editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar