Xaime Quintanilla Ulla
político galego
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Xaime Quintanilla.
Xaime Quintanilla Ulla, nado en Ferrol o 9 de setembro de 1919 e finado na mesma cidade o 28 de outubro de 2002[1], foi un médico e político galego do PSdeG-PSOE.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 9 de setembro de 1919 Ferrol, España |
Morte | 28 de outubro de 2002 (83 anos) Ferrol, España |
Alcalde de Ferrol | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | político |
Partido político | Partido Socialista Obrero Español |
Membro de | |
Lingua | Lingua castelá |
Familia | |
Pai | Xaime Quintanilla Martínez |
Traxectoria editar
Fillo de Xaime Quintanilla Martínez. Licenciado en Medicina pola Universidade de Santiago de Compostela e titulado en Graduado Social. Foi alcalde de Ferrol polo PSdeG-PSOE nas primeiras eleccións democráticas e continuou como alcalde ata 1987. Escribiu El complejo mundo del suicida (1994) e colaborou en La Voz de Galicia. Académico numerario da Real Academia de Medicina e Cirurxía de Galicia, recibiu a Medalla de San Raimundo de Peñafort, a Cruz ao Mérito Naval e a Cruz da Orde Civil de Sanidade. Foi soterrado no cemiterio de Catabois.
Predecesor: Julio Pisos Solmo |
alcalde de Ferrol 1979 - 1987 |
Sucesor: Alfonso Couce Doce |
Notas editar
- ↑ "Fallece Jaime Quintanilla Ulla, el primer alcalde democrático de Ferrol". La Voz de Galicia. 30 de outubro de 2002.