Wu Tsao

poetisa chinesa

Wu Zao (chinés tradicional: 吳藻; chinés simplificado: 吴藻; pinyin: Wú Zǎo; Wade-Giles: Wu2 Tsao3), nada en 1799 e finada en 1862, foi unha poeta chinesa. Tamén se coñece como Wu Pinxiang (吳苹香)[1] e Yucenzi (玉岑子).[2]

Infotaula de personaWu Tsao
Nome orixinal(zh-hans) 吴藻
(zh-hant) 吳藻 Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento1799 Editar o valor em Wikidata
Morte1862 Editar o valor em Wikidata (62/63 anos)
Datos persoais
País de nacionalidadeDinastía Qing Editar o valor em Wikidata
Grupo étnicoPobo han Editar o valor em Wikidata
RelixiónBudismo Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoPoesía Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónpoetisa , escritora , dramaturga Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeHuang Mou

Traxectoria editar

Filla dun comerciante, naceu na vila de Renhe (hoxe en día a cidade de Hangzhou) na provincia de Zhejiang. Casou cun mercador[1] chamado Huang. A súa relación co seu esposo non era moi boa, e pola súa parte prefería a compaña de mulleres, xa fose como amizades ou como amantes.

Fíxose famosa como escritora de poesía ci, sendo considerada como a mellor da dinastía Qing. Tamén escribiu poesía sanqu e tocaba o guqin, un instrumento de corda.[3] Wu escribiu unha ópera zaju chamada Yinjiu du Sao,[1] tamén coñecida como Qiaoying.[4] Publicáronse dúas coleccións das súas obras: Hualian ci e Xiangnan xuebei ci e foi estudante do poeta Chen Wenshu. Está considera unha das poetas lésbicas máis grandes de todos os tempos.

Foi unha das poucas mulleres poetas que a comezos do século XIX escribiu sobre a novela O soño da cámara vermella.[5] Wu converteuse ao budismo nos seus últimos anos de vida.

Tradución ao galego editar

Algúns dos seus poemas foron traducidos ao galego por Jesús Castro Yáñez na súa obra recompilatoria Campo de plumas, concretamente "Para a cortesá Ch'ing Lin", "Flores á beira do camiño e polo prado" e "Chuvia inclemente". A tradución dos poemas de Wu Tsao fíxose dende as versión en inglés de Kenneth Rexroth e Ling Chung.

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 Barnstone, Tony; Chou, Ping (2010). The Anchor Book of Chinese Poetry: From Ancient to Contemporary. pp. 341–42. ISBN 978-0307481474. 
  2. Marina H. Sung, "Wu Zao" en Biographical Dictionary of Chinese Women: The Qing Period, 1644-1911, editado por Clara Ho. Armonk, N. Y.: M. E. Sharpe, 1998, p. 234.
  3. Ho, Clara Wing-chung (1998). Biographical Dictionary of Chinese Women. pp. 234–36. ISBN 0765618273. 
  4. The Red Brush: Writing Women of Imperial China. Editado por Wilt Idema e Beata Grant. Cambridge, Massachusetts: Harvard University East Asia Center, 2004, pp. 685–694.
  5. Ellen Widmer, The Beauty and the Book: Women and Fiction in Nineteenth-Century China. Cambridge, Massachusetts: Harvard University East Asia Center, 2006. Dream of the Red Chamber.