World War Z (filme)

filme

World War Z é un filme británico-estadounidense dirixido por Marc Forster que se estreou no 2013. O guión de Matthew Michael Carnahan baséase na novela World War Z de Max Brooks. O filme está protagonizado por Brad Pitt no papel de Gerry Lane, un antigo investigador das Nacións Unidas que debe atopar o modo de deter unha pandemia zombi.[3]

World War Z
Ficha técnica
Título orixinalWorld War Z
DirectorMarc Forster
ProdutorBrad Pitt
Dede Gardner
Jeremy Kleiner
Ian Bryce
GuiónMatthew Michael Carnahan
Drew Goddard
Damon Lindelof
Baseado enWorld War Z de Max Brooks
IntérpretesBrad Pitt
Mireille Enos
James Badge Dale
Matthew Fox
MúsicaMarco Beltrami
FotografíaBen Seresin
MontaxeRoger Barton
Matt Chesse
EstudioSkydance Productions
Hemisphere Media Capital
GK Films
Plan B Entertainment
DistribuidoraParamount Pictures
Estrea2 de xuño de 2013
Duración116 minutos[1]
OrixeReino Unido Reino Unido
Estados Unidos de América Estados Unidos
XéneroTerror
Orzamento$190.000.000[2]
Recadación$540.007.876
Na rede
http://www.worldwarzmovie.com
IMDB: tt0816711 Filmaffinity: 263630 Allocine: 140631 Rottentomatoes: m/world-war-z Mojo: worldwarz Allmovie: v475395 TCM: 869441 Metacritic: movie/world-war-z TV.com: movies/world-war-z Netlix: 70262639Editar o valor em Wikidata

Sinopse editar

Cando o mundo comeza a ser invadido por unha pandemia de mortos viventes, o experto investigador das Nacións Unidas Gerry Lane (Brad Pitt) intentará evitar o que podería ser a fin da civilización. A destrución á que se ve sometida a raza humana faille percorrer o mundo enteiro buscando a orixe da horrible epidemia que ameaza á súa familia e ó resto da humanidade.

Personaxes editar

  • Brad Pitt como Gerry Lane, un antigo membro das Nacións Unidas que é chantaxeado para que investigue a terrible pandemia que se está a espallar por todo o planeta.
  • Mireille Enos como Karin Lane, muller de Gerry e nai de dúas nenas.
  • Fana Mokoena como Thierry Umutoni, Secretario Xeral das Nacións Unidas.
  • Daniella Kertesz como soldado israelí coñecida como "Segen" que acompaña a Gerry cando deixa Israel.
  • James Badge Dale como Capitán Speke, ó cargo do Campamento Humphreys, en Corea do Sur.
  • David Morse como exmembro da CIA prisioneiro por vender armas a Corea do Norte.
  • Ludi Boeken como Jurgen Warmbrunn, Director da Mossad; responsable das defensas preventivas de Israel.
  • Matthew Fox como soldado enviado por Thierry Umutoni para rescatar á familia Lane en Newark.
  • Abigail Hargrove como Rachel Lane, filla máis vella de Gerry e Karin.[4]
  • Sterling Jerins como Constance Lane, filla máis nova de Gerry e Karin.
  • Fabrizio Zacharee Guidoas como Tommy, rapaz que é rescatado pola familia Lane en Newark despois de que os seus pais foran infectados.

Banda sonora editar

World War Z: Music from the Motion Picture
Banda sonora de Marco Beltrami
18 de xuño de 2013
Duración44:09
XéneroClásica
Selo discográficoWarner Bros. Records

En decembro de 2011 publicouse que Marco Beltrami sería o compositor de World War Z.[5] En maio de 2013, a banda de rock británica Muse publicou un vídeo na súa canle de YouTube, no cal se revelaba que eles contribuirían na banda sonora de World War Z, e as cancións "Isolated System" e "Follow me" foron usadas.[6] En xuño, Warner Bros. Records lanzou o álbum da banda sonora, que contén as composición orixinais de Beltrami.[7]

  1. Philadelphia (4:03)
  2. The Lane Family (2:47)
  3. Ninja Quiet (2:54)
  4. Searching for Clues (5:33)
  5. NJ Mart (4:01)
  6. Zombies in Coach (3:43)
  7. Hand Off! (2:49)
  8. No Teeth No Bite (3:25)
  9. The Salvation Gates (4:24)
  10. Wales (5:22)
  11. Like a River Around a Rock (5:08)

Duración total (44:09)

Notas editar

  1. "WORLD WAR Z (15)". British Board of Film Classification. 5 de xuño de 2013. Arquivado dende o orixinal o 13 de xuño de 2013. Consultado o 18 de xuño de 2013. 
  2. BoxOfficeMojo.com
  3. Goldberg, Matt (10 de agosto de 2011). "Official World War Z Synopsis Reveals Key Difference between the Movie and the Book". Collider. Arquivado dende o orixinal o 29 de outubro de 2013. Consultado o 3 de maio de 2012. 
  4. Lesnick, Silas (November 23, 2011). "Abigail Hargrove Talks World War Z". Arquivado dende o orixinal o 27 de decembro de 2011. Consultado o 6 de xaneiro 2012. 
  5. "Marco Beltrami to Score ‘World War Z’". Film Music Reporter. 27 de decembro de 2011. Consultado o 4 de xaneiro de 2012. 
  6. "Z". Official Muse Youtube channel. 21 de maio de 2013. Consultado o 21 de maio de 2013. 
  7. "‘World War Z’ Soundtrack Details". Film Music Reporter. 28 de maio de 2013. Consultado o 12 de xuño de 2013. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar