Woreda (ou tamén wereda) é o nome recibido polas circunscricións administrativas, ou gobernos locais, nos que se dividen as rexións de Etiopía; son equivalentes a un distrito. Os woredas compóñense dunha serie de kebele, equivalentes a unha municipalidade, e constitúen a unidade máis pequena do goberno local en Etiopía. Os woredas adoitan ser recollidos en zonas, que forman un kilil (administración rexional); algúns woredas non forman parte de ningunha zona administrativa, e son Woredas Especiais, que funcionan como entidades autónomas.

Aínda que algúns woredas, como institucións, remóntanse aos primeiros tempos, como por exemplo, o woreda especial de Yem, o woreda de Godere e o de Goma, os cales conservan as fronteiras dos reinos que foron absorbidos en Etiopía. Á súa vez, as ex-provincias de Etiopía tamén se dividiron en woredas. Non obstante, moitos deles son de recente creación. A partir de 2002, outorgóuselle maior autoridade aos woredas.